A dieta macricida do globo amarelo
“Todo mal chega con ás e fuxe coxeando” Voltaire A recente elección presidencial na República Arxentina é motivo dos máis variados comentarios. Unha metade da poboación amosa alegría e a outra metade, tristeza. Aquí en Galicia dóenos moito cando sucede algo malo no país do mundo onde máis galegos atoparon un espazo solidario onde quecer das friaxes seculares. Coido que é un momento moi axeitado para pedir que o andazo macrista sexa pasaxeiro e que axiña a xenerosa dona Arxentina volva a camiñar polo roteiro da solidariedade. Nesta beira norte levamos anos con información deformada, manipulada ou mesmamente falsa sobre os gobernos de Néstor Kirchner e Cristina Fernández. Non se coñece ningún país democrático no que os grandes medios de comunicación estivesen ocultando as realizacións do goberno ao mesmo tempo que publicando unha mentira detrás de outra. A exportación da mentira ten unha clara finalidade. Trátase de crear un estado de opinión contrario ao mandatario que disque é medio autoritario ou disque ten millóns en Suiza ou disque mercou unhas xoias marabillosas en París. O veleno busca contaxiar toda clase de sentimentos negativos para estragar a imaxe do presidente Kirchner, primeiro, e da presidente Fernández, logo, durante 8 anos de constante ataque persoal. Haberá quen se pregunte polo fundamento desta activa campaña en contra dun presidente electo nas urnas. Habería moito que contar pero é curioso destacar que os dous medios más críticos con Néstor e Cristina --”Clarín” e “La Nación”-- foron antes os que máis louvaron ao xeneral Videla. Hai unha razón económica que xustifica totalmente as diferentes varas de medir da gran prensa arxentina. O dúo de medios é o propietario da empresa “Papel Prensa” que ten o monopolio da importación de papel. A propiedade foi conseguida mediante acto delictivo que foi bendecido polo católico xeneral Videla. Haberá quen pregunte, se Cristina foi tan boa, porqué perdeu as eleccións o seu partido, a “Fronte para a Victoria”. Hai dúas respostas posibles, segundo responda un macrista ou un peronista. Eu son da opinión de que o andazo macrista atopou sitio no infantilismo duns cidadáns da clase media que enguliron gostosos as mentiras coas que os ateigaron. Non é fácil de entender que un país coa mellor taxa de emprego dos últimos 50 anos queira volver ao desemprego. Non parece axeitado que voten para a desaparición da industria nacional e tampouco é lóxico votar para volver a endebedarse no exterior. As realizacións do goberno de Cristina Fernández foron recoñecidas por diferentes organizacións internacionais. O país non debe nada ao FMI e ten na caixa 27.000 millóns de dólares; cando asumiu Néstor Kirchner había 11.000 millóns. Hai sete novas universidades e retornaron e foron contratados máis de 1000 científicos. Foi posible a posta en órbita de dous satélites, man de obra nacional, de comunicacións e centos de novos trens volven a transportar viaxeiros. Hai moito máis pero, evidentemente, os logros non serviron para que o partido de Cristina seguise no poder. Entón, para falar sobre o triunfo de Macri haberá que estudar o seu programa electoral. Supoño que foi tal o poder seductor das propostas que os electores sentiron desexos tolos de ir votar. Aquí é onde teño que facer un punto e aparte. Os que elixiron a Macri, coido eu, son seres dunha afastada galaxia. É unha pena que non teña coñecementos de astroloxía para determinar cal é o signo zodiacal máis influínte para votar sen saber o que votas. A alianza “Cambiemos” encabezada por Macri gañou sen programa de goberno. Ninguén preguntou polos posibles beneficios xa que abonda con quitar de diante a Cristina. Estou fondamente abraiado. A sociedade arxentina é moi educada e presume de estar moi ben informada sobre o que pasa no mundo. Sendo así, a maioría dos votantes analizará as diferentes propostas e logo decidirá. Non sei ben, ando un pouco atrapallado. Non chego a determinar cal foi razoamento feito polos votantes do presidente Macri. Certamente, penso que non se fixo unha valoración previa do candidato. Don Mauricio está procesado en varias causas xudiciais aínda non pechadas. O seu pasado de empresario trucho que fixo cartos co contrabando de pezas para a ensamblaxe de coches, non parece meritorio. Por non falar do seu machismo activo. É o típico herdeiro do “tano” emigrante que non soubo manter o patrimonio familiar. Quizais, os que votaron a Macri, sexan os máis burros, egoístas e patéticos electores do último século na Arxentina. Son burros porque escollen o máis feo, malo e cheto dos gobernos posibles. Son egoístas porque votan para foder aos negros peronistas. Son patéticos ao creer que o globo amarelo (símbolo do cambio) lles traerá feixes de dólares baratos. Poida que cada voto macrista leve unha pinga de rancor contra dos que menos teñen. Así se explica que millóns de arxentinos enchan a boca falando de “cambio” cando en realidade é un retorno a antigos escenarios de peche de industrias nacionais e alto índice de desemprego. Haberá quen diga que estou fóra de onda ao criticar porque son seareiro da liña patriótica cristinista. Entendo que en democracia haxa alternancia no poder e tamén que o electorado escolla mellorar a calidade democrática das institucións. O que non me cabe na cabeza é ir para atrás. Calquera persoa normal do mundo prefire un choripán [chourizo crioulo na grella] en lugar dun globo amarelo. Agora na Arxentina --terra de excelentes carnes de vacún--- fanse adeptos a unha nova ideoloxía fashion que pregoa a alegría de ter un globo amarelo na man para unir en irmandade a todos os defensores dos que máis rouban e estafan. Volver aos felices tempos infantís? Enfado de nenos mimados? Os historiadores recollerán nas súas futuras publicacións que cando Néstor Kirchner asumiu a desocupación era dun 25% [agora 7%] e a pobreza dun 54% [agora 10%] e o PIB endebedado dun 160% [agora 30%] e que o país medrou máis en 12 anos que nos últimos 50. O meu amigo Xoán Carlos Romero López, xornalista fundador do Facepopular di que “agás que os pobres van estar na miseria e que a clase media vai empobrecer en meses; aquí non pasou nada”. O gran Mark Twain dicía que “é máis fácil enganar a xente que convencelos de que foron enganados”e ningún macrista recoñecerá que non sabía o que votaba. Afirmará que acertou ao cumprir co obxectivo desexado de “botar a égoa Cristina”. Agardo que Macri non estrague totalmente os logros desta etapa de crecemento xa que será máis doado o cosido das feridas por parte do vindeiro goberno. Non dubido que a “Fronte para a Victoria” volverá ao temón con máis apoio popular e coa urxente tarefa de quitar as castañas do lume da desigualdade. Haberá que ir convencendo aos veciños de que os globos, sexan da cor que sexan, son indixestos aínda que os recomende o creador da dieta macricida. Cómpre volver ao tradicional “asado de tira” dos domingos para que as honradas familias, recuperen, o seu sentimento de irmandade que lles foi extraído cunha troula na contra dos máis desfavorecidos. A nosa querida Arxentina volverá ser terra de xenerosidade e o macricidio quedará esquecido coma se dun escuro pesadelo se tratase. Adeus e graciñas, dona Cristina.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.com).
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- A marcha atrás tamén é un cambio.
- As cartas do Avó Pascasio: Una quintita en Avellaneda.
- Non somos pedras.
- As Cartas do Avó Pascasio: Un erro pódese convertir nun horror.
- Eu tamén son fisterrán!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha petición para o presidente Scioli.
- As cartas do Avó Pascasio: Non coman a curva!.
- As cartas do Avó Pascasio: Imos con Daniel da Villa Crespo.
- As Cartas do Avó Pascasio: Non foi maxia pero foi máxico.
- As cartas do avó Pascasio: “Milonga de aquí”.
- Unha linda primavera aurinegra!.
- Un golazo de Cristina!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha ovella negra no poder.
- A auga é vida.
- A moi garimosa República Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Homenaxe a Amelita Baltar.
- As cartas do Avó Pascasio: O valor dunha neta de Cuntis.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha balea azul na Avenida Sarmiento.
- As cartas do Avó Pascasio: O repouso do “Centrojás”.
- As cartas do Avó Pascasio: A almendra no aquelarre.
- As cartas do Avó Pascasio: “Volverei e serei millóns.
- Gol de Galeano!.
- As cartas do Avó Pascasio: O tren que move aos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un país de novela.
- O segundo mandato do “gayego” Vázquez.
- As cartas do Avó Pascasio: No corazón dos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Non me toquen a Cristina!.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos herdeiros son arxentinos.
- JE SUIS Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O Centro Galego da Habana.
- Dona Diáspora na Habana.
- As cartas do avó Pascasio: Os avós que laburamos de albañiles.
- Don Tabaré, presidente electo dos uruguaio.
- O médico de La Teja.
- No paraíso dos paraísos.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Un “hornero” chamado Tabaré.
- Carlos Penelas en Compostela.
- Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).