Venres. 17.05.2024
El tiempo

A e-Administración

A e-Administración
Recordo con nostalxia –fai disto máis de trinta anos– o desinterese inicial da miña aboa pola lavadora: non sabía como poñela a funcionar. Na casa, participábamos do seu lóxico temor ao descoñecido, aínda que, ante a alternativa de desprazarse ata o río do Chalón e lavar a roupa a man, tíñamos claro cal sería o seu comportamento futuro. De feito, aprendeu en pouco tempo a darlle aos botóns da temperatura, do aclarado e do centrifugado (a lavadora non era como as actuais que fan todo elas soas), e incluso se converteu nunha experta en botarlle a cantidade exacta de deterxente. Conto isto, porque todos os nosos concellos, absolutamente todos, dispoñen xa dunha sede electrónica (www.concellosdacoruna.es), e teremos que comezar a utilizala. sedes electronicas provincia a coruna Deste xeito, moitos de nós atopámonos, dun día para outro e sen a previa formación necesaria, con este novo modelo de relacionarnos coa Administración. E, como en tantas ocasións, ninguén se preocupou de explicarnos como funciona: qué é iso do rexistro telemático e a sinatura dixital; qué debe conter a factura electrónica; en qué consiste o perfil do contratante, os esquemas nacionais de seguridade e de interoperabilidade, etcétera, etcétera, etcétera. Sen embargo, estou convencido de que pronto notaremos as vantaxes desta nova maneira de proceder e, como a miña aboa, rapidamente nos adaptaremos. Porque, a sede electrónica, aberta as 24 horas os 365 días do ano, sen tantos papeis, resultará máis cómoda, barata e eficiente. Porque, simplifica os trámites aforrando tempo e gastos de desprazamento. Porque, a sinatura electrónica é máis segura que a manual (calquera pode imitala). Porque, coa factura online gáñase en axilidade e os provedores poderán cobrar antes. Porque, co perfil do contratante, as licitacións serán máis transparentes e porque os esquemas mencionados proporcionan plenas garantías de confidencialidade e seguridade. Este cambio de cultura aféctanos a todos, desde empregados municipais e cargos políticos a empresarios e profesionais, pero tamén a nós, aos cidadáns. Dominica –a miña aboa– sería, sen dúbida, unha gran defensora deste tipo de administración e de internet
  • Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
 

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

Comentarios