“A Costa da Morte. Naturalmente única”, o novo libro guía de Xan Fdez. Carrera
Xa realizou cos mesmos fins turísticos A Costa da Morte, Confín de Europa”. Agora, Xan Fernández Carrera, trala nova encarga da APTCM (Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte), presenta “A Costa da Morte. Naturalmente única”, un libro guía que conta ademais coas fotos de Antonio Fernandez.
O libro, que conta co financiamento da Axencia de Turismo de Galicia, é unha mirada singular tanto de Xan como de Antonio dos recursos turísticos da nosa bisbarra. É un libro de formato especial con cuberta dura, papel de gran calidade, grandes fotos e textos breves. 1,5kg de peso. Pensado para as recepcións e mostradores dos establecementos e oficinas turísticas dos nosos 17 concellos do Xeodestino.
O libro verá a luz este xoves, 4 de decembro de 2025 no Asteria Beach, Caión, A Laracha, ás 12h.
Máis información
OUTROS ARTIGOS DE XAN FERNÁNDEZ CARRERA
- Plácido M. Baamil, exemplo de superación e compromiso.
- A Costa da Morte e o seu potencial turístico.
- Recuperemos o Monte Neme.
- Muxía e os secadoiros de congro.
- Eolicos sobre os Penedos: Novo ataque á Costa da Morte.
- Bergantiños, da abundancia ao abandono.
- “A historia da Costa da Morte do século XX resultaría moi difícil de escribir sen consultar a obra de Ramón Caamaño e José Vidal”.
- A Ponte do Porto, do esplendor á decadencia.
- A orixe da vila da Ponte do Porto.
- Patrimonio e turismo na Costa da Morte.
ARTIGOS de Xan Fdez. DA SERIE CAMARIÑAS NO LAMPEXAR DO TEMPO
- Camariñas no lampexar do tempo (I): A historia local como protectora do patrimonio.
- Camariñas no lampexar do tempo (II): Camariñas na cartografía e documentación antiga.
- Camariñas no lampexar do tempo (IV): Vila mariñeira consolidada.
- Camariñas no lampexar do tempo (III): Dous núcleos: Aldea e Vila.
