venres. 18.04.2025
El tiempo

A Escola de Turismo Itinerante achégase á Costa da Morte

A Escola de Turismo Itinerante achégase á Costa da Morte
Presentacion da Escola de Turismo Itinerante na Costa da Morte Presentación da Escola de Turismo Itinerante na Costa da Morte

Sempre falamos da necesidade da formación para sector hostaleiro e turístico. Se a Costa da Morte quere aproveitar o turismo como un verdadeiro motor económico, non podemos ter un sector que non sabe idiomas, ou que non serve coa a debida atención.

E parece que se ten dado un paso coa presentación da Escola de Turismo Itinerante (ETI), unha iniciativa que naceu co obxectivo facilitar o acceso á formación a empresas do sector na nosa comunidade, contribuíndo desta maneira á mellora da capacitación e da imaxe do destino Galicia.

Unha responsable de Turismo de Galicia e a directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Marta Fernández, presentaba en Muxía aos responsables do sector turístico do xeodestino da Costa da Morte, aos hostaleiros da zona, a ETI, ademais do Plan de Formación para este 2015 dando a coñecer os diferentes cursos que se convocarán dende esta innovadora escola para este ano.

Así mesmo, realizouse unha presentación sobre os obxectivos, beneficios e aspectos nos que incide o Manual de Boas Prácticas elaborado por Turismo de Galicia.

Plan de Formación

O Plan de Formación da Escola de Turismo Itinerante está orientado a mellorar posibles carencias dos establecementos de restauración en Galicia como poden ser a atención ao cliente, a resolución de conflitos, a hixiene e seguridade alimentaria, o posicionamento on-line e as ferramentas para mellorar a xestión destes establecementos, entre outros aspectos.

Os cursos, que son impartidos por formadores do Centro Superior de Hostalería de Galicia, son todos presenciais e están destinados ou a persoal base ou a xerentes, encargados ou propietarios dos negocios.

Novas relacionadas

Máis novas turísticas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios