Venres. 04.10.2024
El tiempo

A falta de substitucións aumentan as listas de espera no centro de saúde de Carballo

A falta de substitucións aumentan as listas de espera no centro de saúde de Carballo
Centro de Saude de Carballo

Xa temos falado do desmantelamento das especialidades no Centro de Saúde de Carballo. Hoxe volve ser a CIG a que denuncia os retrasos do centro por mor da ausencia de substitucións nas vacacións, e iso que non comezou o verán e o groso das vacacións.

Sinalan que xa son máis de 10 días de espera os que teñen que esperar os veciños para ser atendidos por un médico de cabeceira en atención primaria. Unha demostración de que as listas de espera volven ser importantes, coincidindo co periodo vacacional.

Así é, “ao non contratarse persoal substituto para este médico e utilizar o sistema que vén sendo habitual nos últimos anos (un día bloquéase a axenda e non se pode dar ningunha cita, ao seguinte ábrese unha axenda cun número reducido de citas que se reparten entre os demais profesionais, ao seguinte vólvese a bloquear a axenda, e así sucesivamente), isto provoca listas de espera de máis de 10 días”, explican, temendo que en xullo e agosto sexa moito peor.

Denuncian ademais dende a CIG que “a precariedade laboral no Sergas é a norma habitual para o persoal que fai substitucións (contratos a media xornada, contratos de luns a venres con interrupcións da alta na Seguridade Social en festivos e fins de semana, etc.)”.

Por iso demandan “outra política de persoal, que se substitúan as ausencias e se reduza a precariedade laboral, e que se atenda como é debido aos pacientes”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de CIG Saúde.

Comentarios