A FECOM e a Neria agardan mobilizar a máis de 3.000 na manifestación pola ITV
Cuña da Manifestación pola ITV Xa!
Cuña da Manifestación pola ITV Xa!A Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte incitou ao longo desta semana ao colectivo asociativo dos concellos da bisbarra á Manifestación pola ITV Xa!. Unha rolda de xuntanzas concello a concello, nos que os membros de ambas entidades e os pesos pesados do sector do automóbil de Baio explicaron o por que de tal sinalada data.
Así, este sábado 30 de abril, a Costa da Morte ten unha cita reivindicativa en Baio. Por primeira vez dende 1998 co asunto do Xallas, convócase unha manifestación á que toda a veciñanza da bisbarra está chamada. I é que a manifestación será moito máis que unha loita pola ITV.
A dignidade do pobo da Costa da Morte será outra das batallas a reivindicar. Ademais, de fofon hai outros temas como a Autovía, aínda non licitada, ou os parques empresariais.
"Ninguneo por parte da Xunta"
O motivo que leva á plana maior da política costeira a tal reivindicación é o ninguneo do goberno da Xunta. A última reunión con Diego Calvo foi a última gota que colmou o vaso da pacencia dos nosos políticos, cando o deputado do PP respondía cun "tranquiliños" aos políticos como se fosen nenos.
Non houbo alcalde que non se sentira humillado, e ata os da mesma cor política sentíronse completamente desarroupados. Foi cando decidiron poñer a andar a bisbarra e convocar unha masiva manifestación.
3.000 persoas
Masiva xa que dende a Plataforma agardan un seguemento de alomenos 3.000 persoas para que dende a Xunta comecen a escoitar a voz da Costa. Outra cousa, segundo Xan García, "sería un fracaso".
O feito de saír á rúa
Máis alá de que a ITV sexa o problema máis importante que ten a Costa da Morte (pensamos sen dúbida que hai outras carencias moito máis importantes) a cita deste sábado é importante para a Costa. A ver se collemos costume desta clase de manifestacións, porque son moita as cousas polas deberiamos loitar.
Novas relacionadas
- Decepción entre os rexedores da bisbarra trala reunión ca Xunta sobre a ITV.
- Unha manifestación pola ITV e pola dignidade dun pobo.
- A Costa da Morte unida prepárase para manifestarse pola ITV.
- A Costa reivindica a ITV para Zas con dípticos a pesar das intrumisións.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).