Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte unida prepárase para manifestarse pola ITV

A Costa da Morte unida prepárase para manifestarse pola ITV

Un mes é o tempo que a Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte lle otorgou á Xunta para que dese unha resposta ante a paralización da ITV de Baio. Un mes de marxe, ademais de todos estes meses de protestas por parte da cidadanía e silencio das administracións.

A Plataforma decidiu o pasado día 1 de abril que de non haber novidades, a bisbarra completa, a bisbarra unida (e só por vela unida xa merece a pena) participará nunha manifestación para o próximo día 30 de abril.

Uns que van apoiar a manifestación son dende a asociación GDR Costa da Morte, como non podía ser doutro xeito.

Reunión da Plataforma coa Xunta

Precisamente este xoves Diego Calvo, Delegado Provincial, manterá unha reunión coa Plataforma.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios