Venres. 26.04.2024
El tiempo

Decepción entre os rexedores da bisbarra trala reunión ca Xunta sobre a ITV

Decepción entre os rexedores da bisbarra trala reunión ca Xunta sobre a ITV
Esta mañá dexoves 14 de abril de 2011, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, recibía a unha delegación de alcaldes da Costa da Morte integrada na Plataforma polo Desenvolvemento e a Asociación Neria. Unha reunión prantexada para tratar o desbloqueo da ITV de Zas, pero que quedou nunha mera xuntanza chea de promesas pero sen compromisos firmes. "Non houbo nin un só informe técnico nin xurídico que avalase o desbloqueo", denuncia Lolo Muíño, alcalde de Zas, que continúa denunciando "O discurso segue sendo con argumentos políticos". O propio Muíño calificou a xuntanza de "decepcionante" que só "reafirma que o retraso se debe a motivos políticos". Muíño vai máis alá da propia infraestrutura e asegura que "xa non se trata da ITV trátase da dignidade do pobo da Costa da Morte".

Antes do verán

O delegado provincial, que lle preguntou á nutrida expedición de alcaldes (a verdade é que ollar a unión dos nosos representantes políticos é importante) centrouse en prometer que “a ITV de Zas será unha realidade e podería estar en funcionamento despois do verán”. Algo que xa se fai complicado de crer. O delegado insistiu en que "o terreo do Polígono Industrial, onde ten que instalarse a ITV, non ten rematadas as obras necesarias para que se poida instalar a ITV". Ademais, sinalou que esta mesma semana achegouse ata o Polígono Municipal, un técnico de Patrimonio para realizar os últimos traballos necesarios para completar o informe preceptivo. Nese sentido o alcalde zaense afirma que "as competencias sobre as obras son exclusivas do Concello" e que "só teñen que darlle unha autorización administrativa á empresa para comezar as obras", quéixase Muíño.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios