A FECOM e a Neria agardan mobilizar a máis de 3.000 na manifestación pola ITV

Cuña da Manifestación pola ITV Xa!
Cuña da Manifestación pola ITV Xa!
A Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte incitou ao longo desta semana ao colectivo asociativo dos concellos da bisbarra á Manifestación pola ITV Xa!. Unha rolda de xuntanzas concello a concello, nos que os membros de ambas entidades e os pesos pesados do sector do automóbil de Baio explicaron o por que de tal sinalada data.
Así, este sábado 30 de abril, a Costa da Morte ten unha cita reivindicativa en Baio. Por primeira vez dende 1998 co asunto do Xallas, convócase unha manifestación á que toda a veciñanza da bisbarra está chamada. I é que a manifestación será moito máis que unha loita pola ITV.
A dignidade do pobo da Costa da Morte será outra das batallas a reivindicar. Ademais, de fofon hai outros temas como a Autovía, aínda non licitada, ou os parques empresariais.
"Ninguneo por parte da Xunta"

O motivo que leva á plana maior da política costeira a tal reivindicación é o ninguneo do goberno da Xunta. A última reunión con Diego Calvo foi a última gota que colmou o vaso da pacencia dos nosos políticos, cando o deputado do PP respondía cun "tranquiliños" aos políticos como se fosen nenos.
Non houbo alcalde que non se sentira humillado, e ata os da mesma cor política sentíronse completamente desarroupados. Foi cando decidiron poñer a andar a bisbarra e convocar unha masiva manifestación.
3.000 persoas
Masiva xa que dende a Plataforma agardan un seguemento de alomenos 3.000 persoas para que dende a Xunta comecen a escoitar a voz da Costa. Outra cousa, segundo Xan García, "sería un fracaso".
O feito de saír á rúa

Máis alá de que a ITV sexa o problema máis importante que ten a Costa da Morte (pensamos sen dúbida que hai outras carencias moito máis importantes) a cita deste sábado é importante para a Costa. A ver se collemos costume desta clase de manifestacións, porque son moita as cousas polas deberiamos loitar.
Novas relacionadas
- Decepción entre os rexedores da bisbarra trala reunión ca Xunta sobre a ITV.
- Unha manifestación pola ITV e pola dignidade dun pobo.
- A Costa da Morte unida prepárase para manifestarse pola ITV.
- A Costa reivindica a ITV para Zas con dípticos a pesar das intrumisións.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).