Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha manifestación pola ITV e pola dignidade dun pobo

Unha manifestación pola ITV e pola dignidade dun pobo

Cuña da Manifestación pola ITV Xa!

Cuña da Manifestación pola ITV Xa!

Por fin a Costa da Morte se manifesta por algo. Agardamos impacientes ver mobilizada e unida á poboación da Costa da Morte, a prol da definitiva instalación da ITV no polígono do Allo, en Zas.

I é que a Costa non pode agardar máis por unha infraestrutura eternamente prometida (xa deu máis dun mes de prazo dende a convocatoria...). E máis cando as últimas xuntanzas da Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte e os delegados da Xunta, son tomadas polos nosos representantes como auténticas tomaduras de pelo.

Precisamente é esta Plataforma formada pola FECOM e a Neria, que recén ten creado un perfil de Facebook, é a convocante. O sector do automóbil, tan forte na capital baiesa, e toda a veciñanza da bisbarra, a secunda. I é que a manifestación vai máis alá, como aseguraba Lolo Muíño a semana pasada, "vai xa pola dignidade do pobo da Costa da Morte".

A cita será este sábado 30 de abril ás 19:30h polas rúas de Baio, con saída do Campo da Feira, na Piroga. A idea é cruzar Baio ata chegar á rúa Mestre Platas, onde se celebra a Feirauto, o corazón da feira do coche de ocasión de Galicia. Alí, representantes da Plataforma lerán o manifesto. Un manifesto que ten unha idea máis que clara: "Non máis desprezos á Costa da Morte".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios