A Costa reivindica a ITV para Zas con dípticos a pesar das intrumisións


Ao igual que a semana pasada, o sábado en Zas estivo marcado por 3 siglas: ITV. E iso que a política volve mesturarse coas necesidades da bisbarra, e dende outros concellos están presentando batalla, unha vez máis, para levar a ITV ás súas terras. Se hai uns meses era o alcalde de Cee Ramón Vigo o quen coas súas peticións retrasou a posta en marcha do proxecto en Zas, esta semana pasada foi o PP ceense o que solicitou a infraestrutura para o seu concello, amosando de novo unha nula visión de comarcal.
As protestas dende Zas e dende a Plataforma polo desenvolvemento da Costa da Morte continúan intentando conseguir que a Xunta desbloquee o proxecto. Necesario para o concello do motor na Costa da Morte.
E o seguinte paso foi a creación duns dípticos informativos. Foi o pasado día 12 de marzo, cando tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Zas, a presentación do díptico informativo/reivindicativo sobre a ITV. Un díptico que recolle o manifesto asinado polas distintas asociacións do concello, o acordo tomado en Pleno e as xestións realizadas polo alcalde do Concello de Zas.
Manifesto pola ITV
Así que sen máis deixámosvos co manifesto asinado pola Plataforma polo desenvolvemento da Costa da Morte, representantes do Concello de Zas, do sector do automóbil, e das distintas asociacións.


Novas relacionadas
- A Costa da Morte e Zas únense, con excepcións, pola ITV.
- Zas esixe a ITV.
- A Costa manifestarase se en 15 días non se desbloquea a ITV de Baio.
- O GDR Costa da Morte, con 13 novos proxectos en marcha, analiza a situación da ITV.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Zas.