Venres. 29.03.2024
El tiempo

A regueifa escríbese con "r" de rapaza

A regueifa escríbese con "r" de rapaza

Obradoiros de regueifa de Lupe Blanco nos colexio As Forcadas de Corme Obradoiros de regueifa de Lupe Blanco nos colexio As Forcadas de Corme A recuperación da regueifa de Bergantiños estase escribindo (máis ben a golpe de audio de juasap) en clave de muller. E quere comezar a facelo en clave de rapazada, e de aí que se poña en marcha unha nova Escoliña de Regueifa. Dende o Couto, como non… A nova Escola da Regueifa Leonarda de Tallo, empeza hoxe, sábado 25 de xaneiro, no Couto, Ponteceso. Da man Asociación Monte Branco e con Lupe Blanco de gran mestra, e aproveitando as aulas científicas e de música, nace esta nova proposta de actividade extraescolar, pensada para nenos de primaria. Unha iniciativa que nace despois dos obradoiros de regueifa desenvoltos pola regueifeira coristanquesa nos colexios de Corme e Ponteceso. ”Levamos unhas sorpresas tremendas en temas de improvisación oral, porque son moi áxiles. Ao principio parece que lles costaba o tema da poesía, pero logo vimos que se soltan moito”, explica Lupe.

“Cos nenos hai un mundo por descubrir en materia de improvisación oral”

Obradoiros de regueifa de Lupe Nieto no cole As Forazas de Corme Ponteceso Lupe no CEIP As Forcadas levando a tradición bergantiñá De feito xa hai 12 cativ@s anotados con gañas de aprender e arte para rimar para disfrutar cos diferentes xogos de palabras, rimas, teatro improvisado… que arma a mestra copleira. ”Ademais de ensinar a tradición da oralidade de Bergantiños, tamén se traballan outros valores transversais como a igualdade…”, explica unha regueifeira de corazón, que así anuncia a Escoliña polas redes:Escola de Regueifa do couto 2019 Atendede os cativos que o sepa o mundo enteiro empezamos coa escola para ser bo regueifeiro Estaremos polo Couto cada sábado cantando rindo a esgalla cas palabras e sobretodo xogando Aquí hai boa semente que a regueifa non nos pesa os pequenos xa regueifan e traballan a cabeza

Espallando a regueifa pola Costa

Ademais parece que a semente desta nova ondada de regueifa está prendendo pola bisbarra, e Lupe xa recibiu peticións doutros concellos e colexios da zona que se están interesando. “É unha alergía ver que concellos e centros de ensino de Camariñas, Vimianzo, Carnota, Cee… se están interesando por este mundo”.

Do whatasapp á rede

E aproveitamos a coxuntura para dar conta de como a regueifa segue invadindo a rede. Xa falamos das coplas whatsappeiras do grupo de regueifeiras bergantiñás. Hoxe botamos unha ollada ao Facebook, onde ademais da páxina Regueifando pola vida da propia Lupe Blanco, nace estas semanas Corazón de Regueifa, con Yésica Remuiñán ao mando. ”Corazón de Regueifa xurdiu porque moita rapazada me preguntaba e daquela animeime a facela para darlle publicidade entre a xente nova e así a ver se conseguimos un obradoiro ou algo”·, explícanos Yésica. “De momento temos pensado a partir de febreiro xuntarnos todos os sábados todo o mundo que queira para regueifar todos xuntos e pasar un anaco da tarde e así evitar que non morra a tradición”, invita. E polo de pronto déixanos algunha que outra perla retranqueira: https://www.facebook.com/2069561356667862/videos/597735430677793/?t=30

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/para-min-a-regueifa-e-tradicion-cultura-popular-e-comunidade/

Máis novas regueifeiras

Comentarios