Luns. 06.12.2021
El tiempo

Aberta a última convocatoria de axudas do programa 2014-2020 dos GALP

GALP COSTA DA MORTE
Aberta a última convocatoria de axudas do programa 2014-2020 dos GALP

O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte informa que xa están establecidas as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e convocadas para o ano 2021.

Os promotores disporán ata o 17 de setembro, para a presentación telemática de solicitude de axuda.

As axudas están destinadas a xente do mar, empresas transformadoras de produtos pesqueiros, hostaleiros, sectores auxiliares á pesca, asociacións do sector pesqueiro, redeiras, etc. que presente proxectos relacionados co mar.

GALP Costa da Morte

No caso do GALP Costa da Morte comprende os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.

Para mais información pode poñerse en contacto a través do teléfono 981707378 ou o correo: [email protected] Ademais, están no Edificio do Centro Comarcal de Bergantiños, Buño, Malpica de Bergantiños, de luns a venres de 8:30 a 15:00horas.

comentarios