Martes. 15.10.2024
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para a estrea, por fin, da pioneira Escola de Hostalaría de Carballo

Aberto o prazo de inscrición para a estrea, por fin, da pioneira Escola de Hostalaría de Carballo
Acción formativa de hostalería no Carballo por Etapas Imaxe dunha acción formativa de hostalería no Forum Carballo

Ano e medio leva Carballo intentando abrir unha pioneira Escola de Hostalería. Pero parece que desta vai. Despois de salvar un recurso presentado por unha empresa aos pregos de contratación, o Concello asina hoxe o contrato definitivo coa empresa Garfio de Barizo S. L., que xestionará o centro durante dous anos, nos que formará a 15 alumn@s por curso.

Precisamente hoxe, 9 de xullo, abre o prazo de inscrición para proceder ao proceso de selección de alumn@s (o terceiro) que poderá estudar, a partir de setembro, neste pioneiro centro municipal

Ata o 31 de xullo as persoas interesadas pódense prematricular a través do Rexistro Municipal, os rexistros auxiliares ou o telemático, se ben a folla de solicitude, que estará dispoñible nas oficinas municipais do segundo andar do Fórum e tamén na páxina web do Concello de Carballo.
A acción formativa terá unha duración total de 1.135 horas, previsiblemente comezará en setembro e desenvolverase nas instalacións do Fórum Carballo en horario de 08.30 a 14.00, de luns a venres. Dentro desa formación inclúense 320 horas de prácticas en empresas, que se realizarán nos meses de xullo e agosto.

Proceso de selección

As 36 persoas que se presentaron ao proceso selectivo anterior e que aprobaron o primeiro e único exame celebrado teñen a oportunidade de continuar o proceso, polo que unicamente terían que realizar a entrevista e a proba práctica. Pero tanto se deciden continuar coma se non deberán comunicalo oficialmente, no caso de continuar presentando a solicitude de inscrición, e no de renunciar, cubrindo o formulario específico para este suposto. A todos/as eles/as envióuselles un sms con información ao respecto e coa maioría tamén se contactou telefonicamente.

En todo caso, e dado que as prazas son limitadas, a selección realizarase do seguinte xeito: haberá tres probas eliminatorias, nas que será preciso acadar unha puntuación mínima de 5, e a súa porcentaxe sobre a nota final será do 20, o 30 e o 50%, respectivamente. Á proba final só accederán as 30 persoas con maior puntuación nos dous primeiros exames.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-escola-de-hostaleria-de-carballo-tera-que-retrasar-a-sua-posta-en-marcha/ Fonte

Comentarios