sábado. 03.05.2025
El tiempo

Aberto o prazo para anotarse en máis de 1000 cursos online gratuitos dirixidos a autónomos e traballadores

Aberto o prazo para anotarse en máis de 1000 cursos online gratuitos dirixidos a autónomos e traballadores
Traballadores, autónomos e emprendedores de empresas de calquera sector laboral son os destinatarios da nova convocatoria que pon en marcha o Ministerio de Empleo e Seguridad Social a través do Servicio Público de Empleo Estatal. Trátase de formación 100% subvencionada polo Servicio Público de Empleo Estatal para traballadores ocupados en empresas con plantilla de 1 a 9 empregados e que non supón ningún custo. Este plan de formación impártese en modalidade online para facilitar que os traballadores melloren as súas competencias profesionais sen limitaciones horarias e a través do portal Cursos Femxa co apoio de tutores especializados. Ao finalizar o curso, o alumno recibirá un diploma acreditativo do mesmo. Os cursos, de temáticas diversas como marketing e comercio electrónico, entre outros, teñen inscrición aberta, sendo o 31 de maio a vindeira convocatoria. As solicitudes de cursos para traballadores de todos os sectores serán tramitadas a través do portal Femxa, donde serán xestionadas por orde de chegada. Ademais, para os traballadores, autónomos e emprendedores do sector Comercio e Marketing, o SEPE tamén vén de poner en marcha unha convocatoria de formación sectorial con cursos gratuitos subvencionados para profesionais de comercio. O alumnado ten á súa disposición o teléfono de contacto gratuito 900 100 957 para calquera consulta ou aclaración. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios