Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Abre o prazo de matrícula na Escola Municipal de Hostalaría de Carballo e na EPA de Adultos nos IES

A Cámara de Comercio da Coruña porá en marcha, coa colaboración do Concello de Ponteceso, dúas accións formativas incluídas no Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE), enmarcado no programa de Garantía Xuvenil
Imaxe dunha das probas da Escola Municipal de Hostalería de Carballo
Abre o prazo de matrícula na Escola Municipal de Hostalaría de Carballo e na EPA de Adultos nos IES
Abre o prazo de matrícula para a Escola Municipal de Hostalaría de Carballo e para a EPA nos Institutos

Chega setembro e é o momento de asegurar praza nalgún dos centros de formación da comarca. Tanto a Escola Municipal de Hostalaría de Carballo como os Institutos apuran os prazos de inscrición.

Escola Municipal de Hostalaría de Carballo

Xa son 21 as solicitudes presentadas para a pioneira Escola Municipal de Hostalaría de Carballo. Pero o Concello vai abrir un novo prazo de inscrición do 2 ao 13 de setembro, para facilitar a presencia de máis candidatos. O proceso de selección terá 3 probas eliminatorias, chegando á final 30 persoas, das que 15 serán as escollidas.

Os requisitos son ser 18 anos cumpridos e posuír unha titulación mínima de graduado en ESO ou equivalente. A acción formativa terá unha duración total de 1.150 horas, previsiblemente comezará en outubro e desenvolverase nas instalacións do Fórum Carballo en horario de 08.30 a 14.30, de luns a venres. Dentro desa formación inclúense 240 horas de prácticas en empresas.

As persoas interesadas deberán presentar a través do Rexistro Municipal, debidamente cuberto, o impreso de solicitude que pode recollerse nas oficinas municipais do 2º andar do Fórum Carballo ou descargarse en www.carballo.gal.

Ensinanza de Adultos

Para os que non teñan a ESO, poden pensar en matricularse nalgún dos centros educativos da comarca. Por exemplo o IES Fernando Blanco en Ensinanzas abre en breve o prazo de matriculación para Persoas Adultas (EPA) do 2 ao 13 de setembro de 2019, ambos os dous incluídos.

Esta convocatoria diríxese a aquelas persoas que teñan 18 ou máis anos, e que poidan acudir en horario de tarde-noite ás clases que lles permitan retomar antigos estudos primarios para acadar o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Nas ensinanzas de EPA pódense diferenciar dúas etapas:
- ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS: Destinatado a todas as persoas adultas sen titulación previa que desexen unha formación básica inicial en lecto-escritura e cálculo así como prepararse para o acceso á educación secundaria para persoas adultas.
- EDUCACIÓN SECUNDARIA: Destinada a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.

Cursos de Garantía Xuvenil coa Cámara en Ponteceso

O mes de setembro chegará cargado de novidades para os mozos e mozas menores de 30 anos que estean interesados/as en obter unha formación cualificada para mellorar a súa accesibilidade ao mercado laboral. A Cámara de Comercio da Coruña porá en marcha, coa colaboración do Concello de Ponteceso, dúas accións formativas incluídas no Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE), enmarcado no programa de Garantía Xuvenil e co-financiado polo Fondo Social Europeo, o Ministerio de Empleo y Seguridad Social e as Cámaras de Comercio.

Os cursos, que se impartirán do 18 de setembro ao 20 de novembro, estarán divididos en dúas partes. A primeira consistirá nunha formación global orientada á busca de emprego mentres que o segundo será máis específico e estará destinado á xestión comercial para pequenos establecementos de hostalaría e turismo. Para participar, os/as aspirantes deberán estar inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

A primeira acción formativa levarase a cabo do 18 de setembro ao 9 de outubro baixo o título “Empregabilidade para a busca de emprego”. A finalidade desta actividade, de 65 horas de duración,  non é outra que a de dar resposta ás necesidades da mocidade á hora de buscar un traballo,  poñendo ao seu alcance os coñecementos e recursos necesarios para incrementar as súas oportunidades laborais. Para elo impartiranse materias relacionadas coas habilidades sociais, persoais e de emprego así como o uso e manexo de internet como ferramenta de busca.

Os alumnos que superen todas as probas e teñan unha asistencia do 75% recibirán un diploma acreditativo e poderán participar no segundo módulo deste programa formativo. As prazas serán limitadas e deberá haber un mínimo de 10 alumnos para a súa realización.  Así mesmo, as empresas tamén poderán beneficiarse desta iniciativa, recibindo unha importante subvención ao contratar ao alumnado por un período superior a 6 meses.

Comentarios