As administracións implícanse no reparto de material escolar e de protección

Estes días están tendo traballo as entidades de Portección Civil facendo chegar ás casas todo o material escolar e material de protección individual que están enviando as administracións.
Comezando pola Xunta de Galicia, que está enviando aos concellos, residencias e entidades sociais da comarca case 70.000 unidades de protección nas tres últimas semanas para loitar na crise do coronavirus, ademais de 109 botes de 500 ml de xel hidroalcohólico e 121 garrafas de 5 litros de desinfectante. Cos diferentes envíos en conxunto os municipios e entidades da comarca recibiron 34.600 luvas, 30.982 mascarillas, 850 buzos de protección, 567 batas de plástico e 151 mandís de plástico, así como diverso material de produtos de desinfección e limpeza.
Concello | TOTAL LUVAS | TOTAL MASCARILLAS CIRÚRXICAS | TOTAL TRAXES/BUZOS POLIPROPILENO |
Cabana | 900 | 800 | 25 |
Camariñas | 1750 | 1012 | 51 |
Carballo | 2400 | 1417 | 137 |
Cee | 1300 | 1054 | 69 |
Corcubión | 900 | 800 | 36 |
Coristanco | 1550 | 1061 | 45 |
Dumbría | 1600 | 901 | 42 |
Fisterra | 1900 | 1005 | 68 |
Laracha, A | 2100 | 1355 | 66 |
Laxe | 800 | 800 | 25 |
Malpica | 1800 | 1075 | 59 |
Muxía | 2000 | 971 | 66 |
Ponteceso | 1700 | 1036 | 23 |
Santa Comba | 1400 | 1069 | 71 |
Vimianzo | 1800 | 1157 | 65 |
Zas | 1200 | 970 | 48 |
TOTAL | 25.100 | 16.450 | 885 |
- Faltan os datos de Carnota, Mazaricos e Muros.
Tamén a A Deputación da Coruña distrubirá nas vindeiras semanas 230.000 mascarillas entre os 93 concellos da provincia. 130.000 xa están, de feito, en Galicia e xa comezan a distribuirse a través da plataforma loxística Clonegal da Xunta de Galicia.
Os Concellos, en pleno proceso de entrega
A Laracha
Continúa a distribución porta a porta, por parte de Protección Civil das 18.000 mascarillas cirúrxicas homologadas e da mesma cantidade de pares de guantes adquiridos polo Concello da Laracha. Despois de realizarse o reparto nas parroquias de Montemaior, Soandres, Soutullo, Golmar, Coiro, Lendo, Lemaio, Vilaño, Cabovilaño, Erboedo e na zona rural da parroquia de Torás, continuaron polo núcleo urbano.
En cada vivenda está a ser entregado un paquete composto por tres mascarillas e tres pares de guantes.
Vimianzo
O equipo de Protección Civil de Vimianzo recolleu esta mañá o material escolar que aínda estaba no CEIP Ponte do Porto de Camariñas e que pertencía ao alumnado das parroquias vimiancesas de Carnés e Cereixo.
Esta acción, en coordinación coa dirección e co conserxe do centro, permitirá que unha ducia de estudantes conten cos libros e demáis material que eles tiñan no colexio na casa, para poder completar dunha maneira óptima as tarefas que viñan realizando desde o comezo do estado de alarma.
Carballo
Cinco equipos integrados por persoal de Protección Civil, Brigada Municipal de Obras, Cruz Vermella e Carballo Deporte, que se suma con 10 voluntarios, iniciarán o luns pola mañá o reparto das 32.000 máscaras cirúrxicas homologadas adquiridas polo Concello de Carballo en todas as vivendas da zona urbana. A distribución farase porta a porta, igual que na zona rural.
Cabana
O Concello de Cabana de Bergantiños repartiu un total de 1000 mascarillas cirúrxicas entre os veciños que as solicitaron vía telefónica. A partir desta semana, o Concello comezará o reparto de 1000 pantallas protectoras entre os autónomos e traballadores cabaneses para que poidan desenvolver o seu traballo con seguridade. Continuará tamén o reparto de mascarillas cirúrxicas ata acadar as 3000 unidades que o Concello de Cabana adquiriu.
O reparto de mascarillas e pantallas farase a domicilio e empresas tras solicitude telefónica nos seguintes números: Policía Local de Cabana (618 747 376) e Teléfono de Atención aos Veciños (618 747 372).
Camariñas
Os voluntarios de Protección Civil xa comezaron o reparto do material escolar indicado polos centros educativos do municipio. Neste caso comezaron polos alumnos e alumnas do colexio da Ponte do Porto.
Zas
En parelo, o Concello de Zas puxo en marcha dende o inicio desta crise sanitaria novas medidas co de fin de protexer á toda a veciñanza e de garantir o seu benestar. Desinfección de colectores, dos exteriores dos establecementos que continúan abertos e das zonas máis concurridas estes días, entrega de produtos de 1ª necesidade ás persoas máis vulnerables nestes momentos, reparto de material de protección entre persoal dos Centros de Saúde, persoal do Servizo de Axuda no Fogar, membros de Protección Civil, Policía Local e traballadores municipais que realizan as labores de desinfección e colaboración cos centros educativos do municipio para dotar dos recursos escolares necesarios a todo o alumnado.