AFIGAL, a Sociedade financieira que leva 221 inxectados a 4.000 pemes nos seus 40 anos de implantación na Costa
A Afigal, a Sociedade de Garantía Recíproca para as provincias da Coruña e Lugo, é unha entidade financieira participada principalmente por accionistas como Abanca, Xunta de Galicia e IGAPE. Ten ademais como socios preferentes entidades financeiras como Banco Sabadell Galego, Banco Santander e Caixa Rural Galega, ou entidades como Diputación da Coruña, a Cámara da Coruña, a CEC, etc.
Fai balance este 2022 dos seus 40 anos de existencia, e colleita a cantidade de proxectos que ten apoiado dende a súa implantación na nosa comarca.
Afirman que son 4.000 proxectos empresariais avalados durante todos estes anos por un importe de 221 millóns de euros.
Afigal naceu en 1982 como unha demanda dos pequenos e medianos empresarios que solicitaban avales e garantías nun momento no que as empresas buscaban vías de financiamento nunhas circunstancias que non eran óptimas. Daquela demanda común xurdiu unha entidade asociativa que non deixou de crecer en número de asociados e operacións.
Actualmente, para dar resposta ás dificultades económicas que están atravesando as pymes máis afectadas, activou unha nova liña de financiamento en colaboración coa Xunta de Galicia, a través do Igape; puxo ao alcance de empresas en crecemento e emprendedores do sector industrial o Programa de apoio ao emprendimiento industrial, financiado a través dos fondos europeos Next Generation e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) para España; e ten a disposición das pymes o fondo Aquisgrán.
Ademais, Afigal acaba de inaugurar unha nova sé na Coruña, na rúa Alameda a pé de rúa, que marca o inicio dunha nova etapa na traxectoria da Sociedade de Garantía Recíproca, que ten como obxectivo reforzar a súa presenza entre o empresariado como entidade financeira ao servizo da pyme.