Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Alcaldes socialistas esixen que a Xunta non descargue nos concellos o Servizo de Axuda no Fogar

reunion de alcaldes socialistas de Bergantinos
Alcaldes socialistas esixen que a Xunta non descargue nos concellos o Servizo de Axuda no Fogar

A pasada semana, alcaldes e portavoces socialistas da comarca de Carballo, Laxe, Ponteceso, A Laracha, Malpica, Coristanco e Cabana de Bergantiños mantiñan unha xuntanzan con varios asuntos na orde do día. A dependencia foi a principal protagonista, e esixen “responsabilidade á Xunta” para manter o servizo de atención á dependencia e axuda no fogar. “É unha competencia impropia que asumen os concellos cando lle corresponde ás administracións autonómica e estatal”, afirmou Bernardo Fernández, que lembrou que “a Xunta aporta 9,70 euros por hora desde o ano 2008, non subiu esa cantidade mentres se incrementaron o número de usuarios e o prezo; as empresas demandan ata 21 euros por traballador e hora nalgúns concellos”.

“A situación é insostible para as finanzas municipais, consideramos que o servizo é unha prioridade pero a Xunta ten que asumir a súa responsabilidade, temos que ofrecer unhas condicións dignas aos traballadores e os usuarios”, engade.

Saneamento

Polo que respecta á auga, os rexedores e representantes do PSOE piden participar no ciclo integral de xestión da auga e que “os investimentos sexan consensuados coa Fegamp”. En concreto, demandan que “o 50% do que se recauda polo canon de auga nun concello se destine a investimentos nese municipio para melloras nas infraestruturas hidráulicas”.

“O xusto sería que unha parte do que recauda Augas de Galicia quede nos concellos”, apuntan os socialistas, que iniciarán tamén xestións para acadar melloras nas diferentes vías de comunicación dos seus concellos con cidades como Santiago ou A Coruña.

Comentarios