Venres. 03.05.2024
El tiempo

Aloumiños e Aspaber unen forzas para optar á xestión da atención temprana en Carballo

Aloumiños e Aspaber unen forzas para optar á xestión da atención temprana en Carballo
Alouminos e Aspaber unen forzas

O coidado dos máis pequenos con necesidades especiais antóxase como unha acción fundamental no desenvolvemento das sociedades. E nesa liña traballan Aloumiños e Aspaber.

Na xuntanza realizada o pasado sábado día 24 a Asociación de Persoas con Necesidades Específicas da Costa da Morte (ALOUMIÑOS), decidíu que dará todos os pasos precisos para optar á xestión da Atención Temprana en Carballo, para o cal se pechará un acordo de colaboración con Aspaber que aportará a súa experiencia e bo facer acumulada durante todos estes anos. O proxecto de ámbas entidades pretende facer un acompañamento vital das persoas con necesidades específicas, ainda que o proxecto de atención temprana so recolle de 0 a 6 anos. Os aspectos a abarcar van desde o ámbito asistencial ao terapéutico pasando polo da educación.

Fonte

Comentarios