Aloumiños e Cadelar volven levar intervencións con animais aos coles da bisbarra


Nuba comportase como un facilitador, un motivador e un mecanismo de apoio para o usuario da intervención e así consegue dun xeito lúdico os obxectivos planeados. Ao seu carón as profesionais Julia Piñeiro e Irene García Patiño , formando un equipo ideal.
A entidade Aloumiños volve levar, como xa fixo o ano pasado, a Nuba polas escolas da bisbarra. Durante estes meses pasarán por cinco centros educativos da bisbarra.
Como novidade, este ano as actividades van ter un carácter máis personalizado xa que serán os propios nenos e nenas con algunha necesidade educativa especial (NEE) os principais beneficiarios destas sesións, nas que se traballará xunto co Equipo de Orientación e profesorado dos diferentes centros educativos, unha serie de obxectivos individualizados para cada un dos participantes. Asemade, contarase coa colaboración dunha Terapeuta Ocupacional, unha guía canina e o fundamental papel motivador dos cans.