Luns. 25.01.2021
El tiempo

Aprende online a profesión de mariñ[email protected]

Aprende online a profesión de mariñ[email protected]

Ata onde podería chegar esto da teleformación, que a Xunta vén de anunciar a posta en marcha tres novos cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade online. Cursos que terán lugar entre o 22 de febreiro e o 9 de abril de 2021 e cunha duración de 50 horas.

Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico- pesqueiro dependentes da Consellería (a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo) e o período de inscrición para cubrir as 60 prazas, vai desde hoxe ata o próximo 22 de xaneiro.

Toda a información sobre esta oferta formativa pode consultarse no apartado de teleformación da web da Consellería do Mar.

Os 60 admitidos en cada curso deberán matricularse no centro de ensino correspondente e poden consultar a documentación precisa para facelo no Anexo II da orde pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na comunidade.

Unha vez que remate o curso de teleformación realizarase un exame presencial en cada undos centros dependentes da Consellería do Mar. Así mesmo, será necesario superar unha proba de natación o mesmo día do exame para poder presentarse á proba final.

comentarios