Venres. 29.03.2024
El tiempo

APTCM e GDR unifican criterios na estratexia turística da Costa da Morte

APTCM e GDR unifican criterios na estratexia turística da Costa da Morte
Reunion da APTCM e do GDR Reunion da APTCM e do GDR Moitas veces criticamos a deslabazada estratexia turística da bisbarra. Lamentamos levar mil caras diferentes da Costa da Morte á Fitur, ou que haia proxectos semellantes que se crucen nas redes e non conflúan para aforrar esforzos e chegar máis lonxe. Nesa liña foi enfocada a reunión que mantivo onte a Asociación de Promotores Turísticos da Costa da Morte (APTCM) co Xerente do GDR Costa da Morte. Unha xuntanza buscando a colaboración entre ambas entidades, nas que se expuxeron as distintas extratexias para planificar mediante accións conxuntas e evaluar posibles sinerxias que beneficiarían a promoción do xeodestino Costa da Morte. Os territorios coinciden e moitas veces os obxectivos tamén, como o da campaña de promoción dos recursos naturais que desenvolviu o GDR en 2014 ou mesmo esta que acaba de presentar poñendo en valor os nosos sectores económicos, poñendo nome aos proxectos singulares da zona. Contidos que ambas entidades poden aproveitar e compartir para espallar o nome da Costa da Morte máis alá da Costa da Morte. Dende APTCM valoran “moi positivamente este tipo de colaboracións e de coñecemento do que se está facendo noutras entidades para procurar non duplicar esforzos e sí sumar esforzos na mesma dirección”. Así mesmo, dende o GDR, José Antonio Vila valora tamén positivamente a unificación de criterios, lembra que xa se comparten contidos e que sempre que fan “calquera cousa relacionada co turismo, falamos con APTCM a ver que lles parece e ver que cousas se pode facer en conxunto. De feito, APTCM ten un representante na Directiva no GDR”, recorda o Xerente do GDR. Iso si, Santiso ten claro que “a estratexia turística da Costa da Morte é un tema que ten que levar o CMAT e a APTCM, nós estaremos encantados de colaborar”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios