Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Asasinos de lobos? ou de lubicáns?

Asasinos de lobos? ou de lubicáns?

Traemos hoxe unha serie de artigos e unha documental que nos chegan dende a Barbanza pero que podería, perfectamente, terse desenvolvido na Costa da Morte. Dende a Asociación Xuvenil para o Estudo da Natureza (AXENA) veñen de facer un estudio da situación do lobo e do curmán o lubicán na comarca veciña, que remata cunha interesante documental que aquí presentamos. E o facemos gracias ao diario curmán Certo a través do cal vimos de descubrir o traballo da entidade conservacionista.

AXENA trata de destacar a riqueza da fauna da zona, e fai fincapé na situación do lobo, e do híbrido "lubicán", algo más marronciño. Ben é certo que se trata dunha situación moi complexa. O sector gandeiro tense posicionado en directa confrontación coa situación de liberdade do lobo ibérico.
Pero tamén é certo que as lendas e as accións de caza contra o lobo son constantes. O lazo, o veleno, cartuchos do calibre 12... varias son as modalidalidades de caza. E entrementres as batidas seguen estando autorizadas polas administracións, e aínda non se teñen realizado plans de acción contra estas prácticas asasinas.

a situación vense arrastrando dende hai moitos anos, e non parece ter visos de soución, e o debate seguirá aberto por moito tempo se non cambia a conciencia social e se administracións non se poñen en serio co asunto.

Lubicáns marcados?

A situación tratada na Barbanza ademais é máis complexa se cadra. Os membros de Axena, coa axuda do Seprona, atoparon en tres días 3 cadáveres (o 4º aparecía estes días), un dun lobo puro e outro dun lubicán. O caso é que os lubicáns tiñan unha marca na orella, que dá conta que puido ser criado e ceibado no monte. Pero por quen? Por que? Quen pode estar interesado na solta destes cánidos nos montes onde pasta o gando?

Moitas preguntas sen resolver. E tampouco polos gandeiros, que seguen espallando as lendas de que son a Xunta ou os ecoloxistas os que soltan estes cánidos. E con que intención?
De feito Axena ten recollido a opinión da Asociación de Ganaderos del Barbanza, moi interesante en tanto que afirman coñecer moi ben os xeitos ilegais de caza per non explican dende onde poden vir esas marcas nas orellas.

A conclusión da entidade é clara: "Estase exterminando á manda de lobos máis occidental de Europa".
Esta documental é o resultado final do traballo de investigación da AXENA. Con ela vos deixamos ademais de facer referencia abaixo aos 7 artigos publicados no blog da entidade.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios