ASOAR denunciará na Comisión Europea polo inxusto Plan de Xestión do Polbo

A semana pasada escoitabamos as queixas do sector da pesca artesanal contra a xestión do polbo por parte da Xunta. Pois a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia Asoar-Armega vai ir un paso máis adiante e vai "interpoñer unha denuncia na Comisión Europea pois a situación actual contraven todo o que se esta a elaborar para a nova PPC e a seguridade dos pescadores".

A entidade denuncia a "desproporción das medidas adoptadas, falla de dialogo e coxestión real da pesquería, agravamento da medidas de seguridade e medre do risco de accidentes e calidade de vida dos mariñeiros e armadores e falla dun sistema cientifico e racional baseado en datos e previsións demostrabeis e non só en criminalizar e controlar de forma irracional ao sector extractivo".

E aporta datos para demostrar que "as medidas do actual Plan de Xestión do Polbo en Galica son inusuais, perigosas e inxustificadas, non acordes nin proporcionadas respecto da evolución da pesquería". Así, Asoar-Armega ten revisado as estatísticas de capturas de tódolos portos galegos onde se desembarca só polbo procedente das nosas augas costeiras e os resultados mostranse na tabóa e gráfica seguintes:

Campaña Final-Veda--fin ano Inicio-ano seguinte--Veda Total Campaña
Tm-totais Tm-totais Tm-totais
1997-1998 1.593.344 1.178.357 2.771.701
1998-1999 1.599.259 1.319.373 2.918.632
1999-2000 1.050.769 674.336 1.725.105
2000-2001 1.154.596 1.001.914 2.156.510
2001-2002 764.856 894.294 1.659.150
2002-2003 1.033.850 777.167 1.811.017
2003-2004 1.177.422 1.198.312 2.375.734
2004-2005 1.320.497 682.895 2.003.392
2005-2006 608.765 415.295 1.024.060
2006-2007 897.066 699.037 1.596.103
2007-2008 1.097.042 842.082 1.939.124
2008-2009 1.086.091 437.100 1.523.191
2009-2010 953.906 1.177.233 2.131.139
2010-2011 1.413.911 1.044.641 2.458.552
2011-2012 1.071.359 480.075 1.551.434
2012-2013 854704 471.181 1.325.885
2013-2014

Se atendemos aos datos, conclúen que "se ben as dúas últimas campañas (2011-2012; e 2012-2013) non son boas, e que nos últimos anos non se ten recuperado (a pesar do que decia non fai poucos anos a propia Conselleria no querendo nin facer veda) os nives de finais dos 90, non se pode dicir que esteamos a experimentar unha situación de emerxencia que xustifique unhas medidas como as propostas actualmente, tendo en conta que a captación de xuvenís depende de moitos outros factores que a actuación dos pescadores artesanais, entre outros factores cabe mencionar: os climatico-oceanográficos (recoñecidos pola propia Conselleria) e de contaminación e perda de zonas productivas".
"De feito, na campaña 2005-2006, os resultados foron moito piores que os actuais e a ninguen se lle ocurriu semellantes medidas como as propostas actualmente. Ademais, moitas das medidas propostas van, como temos reiterado en diversas ocasións, contra da seguridade e calidade de traballo e vida dos nosos mariñeiros e armadores e non podemos retroceder neste terreo e logo lamentarse cando medren os accidentes", sinalan.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa da ASOAR-ARMEGA.