Luns. 29.04.2024
El tiempo

Asoar-Armega participa na Campaña pola pesca sostible de Greenpeace

Asoar-Armega participa na Campaña pola pesca sostible de Greenpeace
Spanish fishermen and politicians meeting on board the Arctic Sunrise

Alá foi o incombustible José Luis Rodríguez, presidente da Entidade Asoar-Armega, a Barcelona, para participar nas actividades que Greenpeace vén realizando con motivo da campaña de apoio á pesca sostible. Un home que sabe chegar ás altas instancias políticas (xa o temos visto no mesmo Parlamento Europeo), pero que tamén sae a faenar tódolos día a bordo do seu barco dende Corcubión, gañándose o respecto de toda a flota de baixura de Galicia que loita, como Xosé Iglesias en clave de verso, pola pesca artesanal.
E por iso é un deses poucos representantes que verdadeiramente representa, no que o mariñeiro de apé confía, pois realmente, é un mariñeiro máis, non un home de corbata que defende algo que non vive.

E alá está a bordo do Arctic Sunrise, que leva percorrendo Europa en e en distintos portos dos diferentes países que conforman a UE e que contan con actividade pesqueira. Luís tomou o relevo dun mariñeiro italiano e percorre estes días o litoral francés.

Teno claro Luís e todos os que apoian a pesca artesanal. "Somos maioría en Galicia, en España e en Europa", en relación á cantidade de postos de traballo que xenera a pesca artesanal co industrial. E iso a pesar dos datos, que sinalan que Galicia ten perdidos máis de 4.000 empregos nos últimos anos na pesca de baixura. Ademais, solicitan políticas sostibles, e para iso teñen que chegar a un punto de encontro para que case na nova Política Pesqueira Común, que se aprobará probablemente en xuño), para que a pesca artesanal acade unha especial mención no seu contexto, apostando por este tipo de pesca sostible como o único futuro viable para os pescadores e os peixes.

Asoar e Greenpeace

Todo comezaba hai máis de 2 anos, cando Luís Rodríguez decidía achegarse á Coruña e subir ao barco que Greenpeace atracaba na Coruña no marco dunha campaña concienciación. Non tardaron os membros de Greenpeace e decatarse do potencial deste mariñeiro que tanto fala. De aí ao Parlamento Europeo, a debatir a PPC, e contando con el para todas as faenas posibles.
De tódalas veces que temos falado con el, sorpréndenos a súa capacidade para trasmitir confianza a pé de mar, e nas altas instancias. E escoitalo co vhf animando a todos os pescadores que están á faena na redonda é algo espectacular.

Así, Asoar-armega vén colaborando con Greenpeace durante toda a campaña, sendo neste caso Luis Rodríguez quen se encargue de facer de interlocutor entre os pescadores italianos que entregan o testigo (lámpada de aceite), e os pescadores españois que o reciben. Pero será él tamén, como pescador artesanal experto, quen deba convencer a tódolos presentes nas actividades, a que tamén asisitirán políticos españois, de porqué se debe apostar por este tipo de pesquerías, promocionando as pesquerías artesanais e, xa de paso, os productos pesqueiros que proceden destas pesquerías.

Asemade, e mentres o Arctic Sunrise viaxa por toda a costa española, realizaranse distintas actividades nas que Asoar estará presente. Así, por exemplo, o sábado 11 de maio, celebrarase en Santiago un acto, consistente nunha Conferencia, na que participarán varios pescadores da Asociación, así como recollida de firmas en apoio á pesca sostible, promovida por Greenpeace.

Plan do Polbo

Paralelamenta, a entidade solicita que se plantexe unha Mesa sectorial de Traballo para elaborar un Plan de Explotación do Polbo Científico, Completo, Moderno e Racional, que se deixe de perxudicar ao sector e que se conte cos profesionais do mar.

Novas relacionadas

Fonte

Luis Rodriguez con Greenpeace

Comentarios