Asoar une a pesca artesanal para ter voz en Europa


Segue a Asoar Armega sendo a voz dos mariñeiros no Parlamento Europeo. I é que Bruxelas está a debatir a futura Política Pesqueira Común, e a voz da pesca artesanal española ten acento costeiro. Esta fin de semana, o presidente da entidade, Luís Rodríguez, viaxou á capital belga para manter reunión con Europarlamentarios. Unha reunión que valorou como moi positiva, e que aínda o retén entre roldas de prensa e reunións con parlamentarios en Estrasburgo, polo que non volverá ao seu Corcubión ata este mércores.
O encontro de pesca artesanal europeo, organizado por Greenpeace, servíu para poñer enriba da mesa as esixencias dos pequenos armadores galegos. Mariñeiros de Polonia, Portugal, Grecia, Francia, ou Inglaterra acodiron á reunión, e todos están dacordo en moitos puntos, aunando esforzos para que a pescar artesanal teña un papel importante en Europa, como lle trasladaron aos europarlamentarios españois, igual que o resto de mariñeiros aos dos seus países.
Luís lembrou que por exemplo en Galicia a pesca artesanal xera máis de 15.000 postos de traballo, polo que asegura que ten que ter sida en conta. Rodríguez xa criticou en innumerables ocasións que a pesca industrial leve a meirande parte das axudas europeas en materia de pesca, e recorda que as medidas de control teñen que ser específicas para o sector artesanal.
Por exemplo, unha das grandes claves é a eliminación do sistema de TAC e das cotas, unhas lacras que están deixando ao sector en serias dificultades.
Así e todo, a primeira reivindicación é precisamente, que a nova PCC recoñeza a pesca artesanal como un sector propio, direferenciado da pesca industrial.
A Asoar en Europa
- Un plan, dende a Costa da Morte, para recuperar a pesca artesanal en Europa.
- A Asoar-Armega compromete a Dinamarca coa pesca artesanal.
- ASOAR leva a voz dos mariñeiros ao Parlamento Europeo.
- A pesca artesanal esixe un réxime propio na Política Pesqueira Común.
- O mar achega á Costa da Morte con El Salvador.
- Da falsa etiquetaxe dos produtos do mar.
- A EU investigará o caso das gaiolas de salmón da ría de Muros.
- A crise afecta cada día máis á precaria situación da pesca artesanal.
- Limpando os grans de area.
- Nota de prensa de Asoar Armega.