Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Europa vén escoitar á pescar artesanal costeira sobre as gaiolas de salmón de Muros

Europa vén escoitar á pescar artesanal costeira sobre as gaiolas de salmón de Muros

Se xa vai bastante a Costa da Morte ata o Parlamento Europeo a cantar as 40 en materia de pesca artesanal, o colmo xa é que unha delegación da Comisión de Peticións da UE se achegue ata a Costa ada Morte para falar co sector. Así, A comisión recibirá este martes 12 a Asoar-armega e as ONGs opositoras a instalación da gaiolas de salmón na Ría de Muros Noia (Adega, Verdegaia, Salva la Selva, Greenpeace, Océana e Ecologistas en acción) no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela.

E veñen despois das denuncias que este grupo ten presentado neste organismo europeo en contra destas instalacións das gaiolas de salmón na Ría de Muros Noia. Así, despois de todo o traballo realizado para demostrar a "inviabilidade e as nefastas consecuencias que a instalación das gaiolas de salmón van ocasionar no ecosistema mariño da Ría de Muros Noia e nos sectores productivos que desenrolan a súa actividade nesta ría, satisfácenos sermos recibidos por esta Delegación, encontro no que se dará conta con todo detalle, e de primeira man", explican dende a Asoar.

E de paso, un repaso á pesca artesanal

Ademais, os representantes da pesca artesanal costeira aproveitarán a ocasión para facer entrega dun informe sobre a situación dos sectores productivos da pesca artesanal e o marisqueo, e a actual crise que se está a vivir a consecuencia da continua baixada de prezos e capturas, e a perda importande de productividade das nosas rías, cuxo principal causante está a ser precisamente o estado de contaminación a que se encontran sometidas as rías galegas, derivadas dos continuos verquidos e ocupación do litoral. Neste informe queda patente a importante perda de productividade que están a sufrir os sectores da pesca artesanal e especialmente o marisqueo no último ano, no que a perda de producción resulta alarmante, como no caso da ameixa rubia ou o berberecho.

Asemade e ante a crítica situación que está a atravesar a pesca artesanal e o marisqueo, e que esta Entidade vén denunciado nos últimos anos, e ante a impasividade da Administración, ASOAR-ARMEGA presentará un plan de dinamización e emprego nestes sectores, que fora elaborado o pasado ano, facendo entrega del aos Parlamentarios Europeos que forman parte desta Delegación. Un Plan de emprego no que xa se facía evidente o claro declive da productividade dalgunhas especies e que apostaba por alternativas, sinxelas e de fácil aplicación, que poideran permitir unha recuperación case que inmediata da produción.

Novas relacionadas

Novas da loita contra o salmón en Muros

Fonte

  • Nota de prensa de Asoar-armega, Verdegaia, Adega, Greenpeace, Salva la selva.

Comentarios