Sábado. 07.12.2019
El tiempo

Greenpeace e ASOAR comprometen en Corcubión aos políticos coa pesca artesanal

Greenpeace e ASOAR comprometen en Corcubión aos políticos coa pesca artesanal

Segue a Asoar Armega conseguindo fitos inéditos arredor da pesca artesanal. Na xornada de onte conseguiu reunir unha das ONG máis importantes do planeta, Greenpeace España, con varios políticos nacionais, para que todos comprobaran, e degustaran, a sostibilidade das artes da pesca de baixura (de aí o hastag creado #pescaSOStenible).
Unha baixura que, por certo, representa o 87,66% do total da pesca galega, con 4.092 embarcacións e máis de 30.000 postos de traballo en Galicia.

Todo para comprometer aos políticos co sector artesanal, e presentar as súas ideas sobre o Plan de Dinamización Produtivo – Económico e de Mellora e Creación de Emprego no Marisqueo, Pesca Artesanal e Acuicultura Tradicional en Galicia. I é que unha vez que a entidade radicada en Corcubión xa ten pé e medio no Parlamento Europeo, agora quere asegurar que os políticos do país teñen presente as súas peticións.
Cómpre lembrar que este ano se está negociando no seo da UE a Política Pesqueira Común, que se aprobará o ano que vén e que determinará o futuro do sector pesqueiro para os próximos anos, un asunto de especial trascendencia na nosa Comunidade Autónoma. De aí a importancia de que os políticos se involucren co sector pesqueiro artesanal galego.

Uns privilexiados os asistentes á cita, que foron dende varios membros de Greenpeace (o director a nivel estatal Mario Gómez e 4 representantes do sector do mar; o deputado do PP Joaquín García e aos do PSOE Marisol Soneira e Carmen Gallego).

Completa xornada: Do mar ao plato

Partiron do peirao corcubionés nunha das embarcacións que cada día percorre a ría. Coñeceron como traballan os pescadores artesanais, e mesmo os mergulladores do longueirón.

Voltaron a porto, e puideron degustar no Cárcere Vello unha serie de platos elaborados con especies capturadas de forma sostible polo sector artesanal. Todo un luxo, do mar ao plato.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios