ASOAR denunciará na Comisión Europea polo inxusto Plan de Xestión do Polbo


A semana pasada escoitabamos as queixas do sector da pesca artesanal contra a xestión do polbo por parte da Xunta. Pois a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia Asoar-Armega vai ir un paso máis adiante e vai "interpoñer unha denuncia na Comisión Europea pois a situación actual contraven todo o que se esta a elaborar para a nova PPC e a seguridade dos pescadores".
A entidade denuncia a "desproporción das medidas adoptadas, falla de dialogo e coxestión real da pesquería, agravamento da medidas de seguridade e medre do risco de accidentes e calidade de vida dos mariñeiros e armadores e falla dun sistema cientifico e racional baseado en datos e previsións demostrabeis e non só en criminalizar e controlar de forma irracional ao sector extractivo".
E aporta datos para demostrar que "as medidas do actual Plan de Xestión do Polbo en Galica son inusuais, perigosas e inxustificadas, non acordes nin proporcionadas respecto da evolución da pesquería". Así, Asoar-Armega ten revisado as estatísticas de capturas de tódolos portos galegos onde se desembarca só polbo procedente das nosas augas costeiras e os resultados mostranse na tabóa e gráfica seguintes:
Campaña | Final-Veda--fin ano | Inicio-ano seguinte--Veda | Total Campaña |
Tm-totais | Tm-totais | Tm-totais | |
1997-1998 | 1.593.344 | 1.178.357 | 2.771.701 |
1998-1999 | 1.599.259 | 1.319.373 | 2.918.632 |
1999-2000 | 1.050.769 | 674.336 | 1.725.105 |
2000-2001 | 1.154.596 | 1.001.914 | 2.156.510 |
2001-2002 | 764.856 | 894.294 | 1.659.150 |
2002-2003 | 1.033.850 | 777.167 | 1.811.017 |
2003-2004 | 1.177.422 | 1.198.312 | 2.375.734 |
2004-2005 | 1.320.497 | 682.895 | 2.003.392 |
2005-2006 | 608.765 | 415.295 | 1.024.060 |
2006-2007 | 897.066 | 699.037 | 1.596.103 |
2007-2008 | 1.097.042 | 842.082 | 1.939.124 |
2008-2009 | 1.086.091 | 437.100 | 1.523.191 |
2009-2010 | 953.906 | 1.177.233 | 2.131.139 |
2010-2011 | 1.413.911 | 1.044.641 | 2.458.552 |
2011-2012 | 1.071.359 | 480.075 | 1.551.434 |
2012-2013 | 854704 | 471.181 | 1.325.885 |
2013-2014 |
Se atendemos aos datos, conclúen que "se ben as dúas últimas campañas (2011-2012; e 2012-2013) non son boas, e que nos últimos anos non se ten recuperado (a pesar do que decia non fai poucos anos a propia Conselleria no querendo nin facer veda) os nives de finais dos 90, non se pode dicir que esteamos a experimentar unha situación de emerxencia que xustifique unhas medidas como as propostas actualmente, tendo en conta que a captación de xuvenís depende de moitos outros factores que a actuación dos pescadores artesanais, entre outros factores cabe mencionar: os climatico-oceanográficos (recoñecidos pola propia Conselleria) e de contaminación e perda de zonas productivas".
"De feito, na campaña 2005-2006, os resultados foron moito piores que os actuais e a ninguen se lle ocurriu semellantes medidas como as propostas actualmente. Ademais, moitas das medidas propostas van, como temos reiterado en diversas ocasións, contra da seguridade e calidade de traballo e vida dos nosos mariñeiros e armadores e non podemos retroceder neste terreo e logo lamentarse cando medren os accidentes", sinalan.
Novas relacionadas
- O mar ponse de loito contra o novo Plan de Xestión do Polbo.
- Greenpeace une á flota costeira en Muros para presionar a Cañete.
- Asoar-Armega participa na Campaña pola pesca sostible de Greenpeace.
- Un berro pola pesca artesanal.
- Europa vén escoitar á pescar artesanal costeira sobre as gaiolas de salmón de Muros.
- A loita polas cotas da pesca artesanal chega ás rúas de Bruxelas.
- Asoar une a pesca artesanal para ter voz en Europa.
- Un plan, dende a Costa da Morte, para recuperar a pesca artesanal en Europa.
- ASOAR leva a voz dos mariñeiros ao Parlamento Europeo.
- A Asoar-Armega agradece a labor da GP e outras entidades en favor da pesca artesanal.
- A loita contra as gaiolas de salmón en Muros faise internacional con Greenpeace.
- Greenpeace e ASOAR comprometen en Corcubión aos políticos coa pesca artesanal.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa da ASOAR-ARMEGA.