Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Asociación de Concellos do Camiño ofrece cursos formativos de inglés e de calidade turística para hostaleiros

  • O Ciclo de Conferencias sobre o Camiño continúan no Museo do Pobo Galego.
Conferencias no Camino Fisterra Muxia
A Asociación de Concellos do Camiño ofrece cursos formativos de inglés e de calidade turística para hostaleiros

A Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, composta polos concellos de Ames, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Negreira e Santiago de Compostela, promove un ciclo de conferencias que ten como obxectivo á posta en valor desta ruta e do seu patrimonio.

As citas, que se desenvolven no Museo do Pobo Galego, en Santiago, arrincan este xoves 10, ás 19:00 h, da man de Antón Pombo, historiador e investigador especializado no Camiño.

A seguinte será a participación de Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego, o día 17; e pechando con Francesca Riccio, do Ministerio de Cultura de Italia, o venres 25.

Cursos formativos para o sector

Por outra banda, esta mesma semana comezan os dous cursos formativos dirixidos ao sector hostaleiro, para os cales aínda queda algunha praza dispoñible:

  • O curso de inglés para a hostalaría (20 horas), impartirase en Negreira os días 9, 16, 23 e 30 de novembro; e 1 de decembro.
  • O curso de calidade para establecementos turísticos, tamén de 20 horas, desenvolverase en Dumbría os días 10, 15, e 24 de novembro; e 14 e 15 de decembro.

Para inscribirse cómpre enviar correo a [email protected] ou chamar ao 620 399 515.

Comentarios