Domingo. 13.10.2024
El tiempo

AViajes, competindo con Atrapalo dende a Costa da Morte

AViajes, competindo con Atrapalo dende a Costa da Morte
Booking, Atrapalo, Edreams, Rumbo, Muchoviaje, Logitravel, Topcosta... Hai moita competencia hoxe en día no sector do turismo e das axencias de viaxes. Pero entre tanta multinacional un par de irmáns da Costa da Morte sitúan Galicia no centro do turismo mundial. Daniel e Alberto Caramés levan case que 20 anos no sector, seguindo a estela do seu pai, que abrira unha axencia de viaxes en Corcubión. Hoxe, as centrais de reservas marca AViajes.com compiten no primeiro nivel coas máis grandes, contando con máis de 35.000 hoteis ao longo do planeta. Todo dende as dúas oficinas que teñen en Carballo e mais en Sanxenxo. A última das súas propostas é un traballo dedicado á súa casa, i é que a nova Central de Reservas Hotelescostadamorte.com, supón un bo escaparate para a nosa bisbarra. Malia estar no seu terreo, aseguran que é máis complicado traballar na nosa bisbarra que noutras zonas do mundo, onde os hostaleiros non son tan desconfiados e se decatan do potencial desta iniciativas. Polo de pronto, xa son uns 80 establecimientos da Costa da Morte nos que se pode reservar hotel a través da central.

Novas campañas

Outra das últimas adquisicións é o mercado brasileiro. Aproveitando as sinerxias lusófonas do noso país, AViajes xa ten creado a nova central A-Brasil.com. E para traer unha boa reportaxe fotográfica, esta semana está alá Marcos Rodríguez, o sucesor de Ramón Caamaño na Costa da Morte. E non quedan atrás nas redes sociais. De feito, xa teñen feito unha aparición xenial coa figura de Traski Costa da Morte, un personaxe de máis de 10.000 anos de historia que se recicla nas redes sociais coma un dos embaixadores máis efectivos e simpáticos da nosa fermosa bisbarra. Para coñecer mellor a historia desta proposta turística, falamos co mesmo Alberto Caramés, que nos conta os pormenores da historia familiar e profesional.
  • Como comezou todo?
Pois todo comenzou no ano 1993, cando meu pai, Daniel Caramés, con grandes vínculos familiares en Corcubión, decidíu voltar a Corcubión e seguir coa actividade de Viaxes Rías Gallegas, que xa tíñamos en Carballo.
  • Como foi ese crecimento?
Unha vez aterrizados en Corcubión, e coas ideas moi claras, Rías Gallegas se especializou no alquiler de apartamentos en toda a Costa da Morte, comercializando o produto en todos os touroperadores españois e gran parte de touroperadores europeos que comercializaban o norte de España. E, unha vez que chegou internet, e co coñecemento da ferramenta que tiñamos entre mans, as cousas foron evolucionando, comenzamos a comercializar tamén hoteis e incidimos moito na marca "Costa de Finisterre" entre todos os nosos clientes (xa que "Costa da Morte" ainda daba moito medo!!). E agora, pasados 18 anos, e coas marcas AViajes e AGalicia, nos convertimos nunha .com de referencia no mercado nacional, portugués e frances, para a realización de reservas online en máis de 35.000 hoteis en España, Portugal, Andorra, Francia e Italia. En total agora mesmo contamos cuns 12.000 hoteis en España, uns 600 en Galicia e, gracias á nova Central de Reservas Hotelescostadamorte.com, uns 80 establecimientos na Costa da Morte.
  • Precisamente a vosa última aposta é unha central de reservas para a Costa da Morte. Por que agora?
Bueno, xa tivemos un intento fai uns 10 anos, pero o profesional hosteleiro, en xeral, aínda non estaba concienciado do que internet ou unha Central de Reservas ou un touroperador, lle podería dar de plusvalía. Nos últimos tempos as cousas van cabiando lixeiramente. A verdade é que a nós, dende AViajes.com, abrir un "novo" destino no noso produto, e mais sendo a Costa da Morte con todas as dificultades de estacionalidade e recursos turísticos que ainda ten, é un reto bastante importante. De feito, malia ter un coñecemento moito máis cercano, temos que facer moita máis forza en esta zona que a "Costas do Sol", "Costas Bravas", etc, que xa se promocionan solas por si mesmo.
  • España, Portugal, Italia, Francia... agora Brasil, que máis?
Ainda que noso producto está nos paises anteriormente mencionados, se pode decir que o 60% de os nosos clientes son españois, 25% portugueses e 15% espallado polo resto de paises. Ademais de isto, e debido a facernos cun resort en Brasil, cousa que nos facilitou coñecer como funciona o mercado turístico en este país, temos tamén dúas centrais de reservas alá, unha, A-Brasil.com, con máis de 1.300 hoteis contratados en todo o país, e outra, hoteisnordeste.com, que se adica á zona do nordeste, que é a zona de veraneo máis importante dentro do mercado brasileiro.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios