Axenda dunha finde semana festivaleira e festexeira

Última finde de verán (o sábado 23 ás 6:50 entra o outono) e a Costa da Morte presenta unha marea de cousas que facer. Cunha previsión meteorolóxica que nos indica que dende o sábado recuperamos a influencia anticiclónica (o sol!), repasamos as citas máis divertidas para esta fin de semana na #AxendaCostadaMorte.

Xiria Pop

A XXVI Festival Xiria Pop de Carballo traerá unha marea de xoias musiqueiras ao Casino 1889 durante as noites de venres e sábado.

Asaghieiras Master Festival

O campo da Lomba de Lariño disfrutará durante a xornada sabatina dun fermoso festival con música da comarca, e actividades para toda a familia.

Roteiro Literario por Carballo

Este venres estréase o novo Mapa Literario de Carballo cunha ruta guiada. Ver máis información aquí.

Festas dos Remedios de Corme

A Santiña de Trasufre (Muxía)

Festas de San Miguel de Treos (Vimianzo)

 

Festas das Mercedes de Corcubión

Festicultores en Mazaricos

Menuda liada que van montar os Festicultores Troupe, co mellor pasarúas do país, en Mazaricos, completando unha xornada sabatina que comeza a dúas rodas.

Presentación literaria en Malpica

Olga Rodríguez presentará a súa obra “AS CREBAS DA MEMORIA”, o vindeiro venres 22 de setembro ás 19.00 horas, na Casa do Pescador de Malpica, en colaboración coa Confraría.

 

Tendes toda a info festexeira en www.axendacostadamorte.com e no álbum das FESTAS DA COSTA DA MORTE 2023.