O Asaghieiras Master Festival volve como unha festa da música comarcal en galego
Volve, 4 anos despois da cancelación do 2019 e 5 despois da 10ª edición, con forza un dos festivais máis auténticos da nosa comarca. Da man dos Fran, Xan, a xente da banda carnotá Almánimal entre outros, o Asaghieiras Master Festival volverá reunir o mundo da música ghallegha contemporánea costeira en Lariño o vindeiro 23 de setermbro. O Campo da Lomba acollerá un festival cheo de músicos da comarca pero que tamén traerá outras actividades para toda a familia.
Haberá sesión vermú punkeira cos muradáns Kondusión Kolérica, para dar paso a un interesantísimo roteiro teatralizado ata o faro de Lariño. De seguido haberá xogos e actividades para a rapazada.
Pola tardiña xa empezarán os concertos dos muradáns Deleiba e Archivo Adxunto, e da brava carnotá Adhara & Ritman. Dende Vedra chegarán OkeOH! e tamén estarán os tamén muradáns The Balayos.
Pero se cadra, un dos puntos fortes do festival será o mítico Palco de Espontáneos, para tod@s @s que queiran o seu minuto de gloria. Hai xa xentes apuntadas e a cousa promete.
O evento é de balde.
Novas relacionadas
- 2019: A falta de permisos para a súa ubicación provoca a cancelación do Asaghieiras Master Festival.
- 2018: O Asaghieiras Master Festival celebrou con éxito 10 anos de metal costeiro.