O Xiria Pop volverá converter o Casino 1889 nunha auténtica festa

11:38 16/08/23
Xa está aquí o cartel (feito pola ilustradora local Laura Tova) do XXVI Festival Xiria Pop de Carballo. A cita máis importante da música pop na comarca celebrarase os 22 e 23 de setembro no Casino 1889, con oito xoias que, dende todos os currunchos do mundo:
- Montefurado (Xixón).
- Tesouro (Ourense).
- Geraint Watkins (Londres) .
- Les Rencards (Barcelona).
- Rusty Nuts (Carballo).
- Samesugas (Compostela).
- Datura4 Band (Perth).
- Moron's Morons (Varsóvia).
Destaca a presencia dos locais Rusty Nuts, que coñecimos hai pouco da man do noso Dj Maikel, a volta á escena dos eternos Samesugas, grandes pioneiros da revolución do pop galego a finais dos 90; ou as chegadas dos polacos Moron's Morons ou os londinenses Geraint Watkins, que aquí vemos: