venres. 08.11.2024
El tiempo

Estrean o novo Mapa Literario carballés

  • A primeira saída guiada, prevista para mañá venres ás 19.30 horas, está aberta a toda a cidadanía e contará coa participación de varios escritores

Roteiro Trolebus Literario Carballo
Estrean o novo Mapa Literario carballés

Percorrer Carballo por lugares vinculados a autores locais e aos seus libros é o obxectivo do novo Mapa Literario de Carballo. O chamado “trolebús literario” xa está colocado en varias ubicacións (e na rede en https://mapaliterariocarballo.gal/) con dúas rutas sinalizadas. Un mapa que pretende ser un recurso turístico, cultural e mesmo deportivo, ademais dun importante recurso educativo. 

Mapa Roteiro Trolebus Literario Carballo

Primeira visita guiada

Hoxe venres, haberá unha visita guiada con personalidades. O punto de encontro será o CEIP Bergantiños ás 19.30 horas. En cada unha das 11 paradas da Liña 1 atoparase un
panel co esquema da ruta, o fragmento ao que fai alusión esa parada, o nome do autor ou autora e un código QR que enlaza coa páxina web do Mapa Literario de Carballo. Nos vindeiros días procederáb tamén á sinalización da Liña 2.

A ruta inaugural está aberta a toda a cidadanía. As persoas interesadas en participar poden anotarse na Biblioteca Rego da Balsa ou enviando un correo a [email protected].

Comentarios