Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Belem Tajes: “O reto "A liña verde" pretende concienciar ao sector pesqueiro de ter boas prácticas a bordo”

A músico, compositora, cantante e ex-vocalista do grupo Luar na Lubre, Belém Tajes, é filla de emigrantes oriundos de Camariñas e, aínda que a día de hoxe vive na cidade coruñesa de Perillo, criouse no fermoso encoro de Arou a onde acude sempre que pode para tomarse uns días de descanso xunto as súas avoas. E esta vez non foi diferente. Tomouse uns días de vacacións para ir disfrutar da beleza das praias da Costa da Morte en compañia do seu mozo.

Belem Tajes promove o reto da Linha Verde pola Costa da Morte
Belem Tajes promove o reto da Linha Verde pola Costa da Morte
Belem Tajes: “O reto "A liña verde" pretende concienciar ao sector pesqueiro de ter boas prácticas a bordo”

A quen non se lle ocorreu nunha tarde de praia enredar cos restos que o mar vomita nas costas galegas, ben sexan plásticos, pedras, cunchas ou, como neste caso, fíos verdes de redes pesqueiras. O que comezou como un pasatempo por parte de Belém acabou nun movemento viral coñecido como A liña verde do que falou con Alejandra Plaza.

  • Como se xestou esta idea?

A idea da liña verde comeza nun par de días que tiven de vacacións na aldea. A aldea das miñas avoas é Arou, en Camariñas. Fun co meu mozo á praia dúas tardes e era tal a cantidade de fíos de rede de pesca que vin, que así como en broma, comecei a empatar uns con outros a ver canto xuntaba.... e en tres tardes xuntei 100 metros. Foi tal a indignación que me entrou que pensei en facelo público e ocorréuseme o de facer un vídeo viral a ver se podíamos acadar a cifra de 200km, que é o que apróximadamente ten a Costa da Morte dende Malpica ata Fisterra. Ao principio, pareceume un pouco exaxerada a idea, pero cando empecei a falar con máis xente do tema, deseguida vimos que podería ser perfectamente viable.

Linha verde con anacos de redes de pesca

  • Cres que eses fíos pertencen aos barcos da zona?

Falei tamén cun pescador amigo que me dixo sobre a procedencia dese tipo de liñas verdes. Pertencen a barcos de pesca grandes, non aos de baixura que predominan na miña zona, estos fíos pertencen a redes grandes, restos que o mar vai escupindo na costa.

  • Como puxeches en movimento esta iniciativa?

Fixen un vídeo a pe de praia mostrando a situación e comecei a envialo a algúns contactos.

  • Cal é a finalidade desta iniciativa?

O que pretendo é chamar a atención da xente, e a súa vez, falar de concienciar ao sector pesqueiro de ter boas prácticas a bordo, que non se pode andar tirando tanta basura ao mar. Xa só a que xeneramos os terrícolas é impactante…
Por un lado está o reto de empatar estes fíos e conseguir alcanzar os 200 Km que conforman a Costa da Morte e, por outro lado, intentar concienciar a aqueles barcos que non reciclan os refugallos que fagan unha mellor utilización do material a bordo. Evidentemente, estos restos son o resultado dunha mala praxis de algúns barcos non de todos. A miña intención non é enfadar a ningún colectivo, simplemente, pretendo concienciar a través deste reto unha millor praxis que nos beneficiará a todos e ás nosas costas e ao mar máis.

  • Como pode colaborar a xente?

A idea, é que a xente xunte estes cabos, mida o resultado e comparta a imaxe nas redes. Pero non descarto, co alboroto que se formou, facer unha quedada masiva para recoller eses 200 kilómetros reais, porque segundo estou vendo sería moi factible acadalos. Onte mesmo estiven en Beo, Malpica e xuntamos 20 metros destes fíos.

  • Como está resultando a acollida e participación da xente?

Está sendo moi efectiva, pero como todo nas redes sociais, impacta ao primeiro momento e despois vai desaparecendo. Eu farei o posible para darlle bombo e non cesar no intento pero a ver que pasa.

Novas relacionadas

Comentarios