venres. 24.01.2025
El tiempo

Bibopalula afiánzase como a primeira serie de debuxos en galego para crianzas de 3 a 6 anos

Bibopalula_8 copiaUndodez
Bibopalula afiánzase como a primeira serie de debuxos en galego para crianzas de 3 a 6 anos

Facía, e fai, moita falta, contidos en galego para as nosas crianzas. Non é que promulguemos o iso das pantallas entre as criaturas, pero a día de hoxe é case imposible non facelo nalgún momento. Así que polo menos, sexa en galego. Así o leva demandando a sociedade galega dende hai anos, conseguind, entre outras cousas, a recuperación do mundo Xabarín (accesible xa en www.xabarin.gal. Outra das demandas é a creación de debuxos en galego, e por fin, vén de estrearse Bibopalula, a primeira serie de debuxos en galego.

Nunca antes o público infantil no tramo de idades de 3 a 6 anos contara cun contido musical na nosa lingua, feito integramente por profesionais e empresas galegas. Esta aposta de Undodez responde ao compromiso da produtora que lideran o actor Xosé A. Touriñán e os produtores Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa coa produción en galego e desde Galicia.

Creada por Laura Mahía e Andrés Mahía, producida por Undodez (gracias ao compromiso de Xosé A. Touriñán, Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa) a primeira temporada xa está en liña, e na TVG. Está ormada por 55 capítulos de 5 minutos, que contan co paporrubio Robin, o merlo Merli, a pega Pegui e o peto Carpin como protagonistas. Os catro forman a Banda do Bosque, un grupo musical ao que se unen en cada episodio outros tantos paxaros, coas voces dalgunhas das actrices e actores máis coñecidos polo público en Galicia como Melania Cruz, Marta Lado, Iria Lamas, Marita Martínez ou Xosé A. Touriñán.

A serie foi presentada con gran acollida no pasado Culturgal. E o lanzamento non remata aquí. Ao longo do mes de decembro está prevista unha intensa campaña de promoción, que incluirá a publicación dun conto infantil, a aplicación móbil da serie, ou contidos complementarios a través de YouTube e as principais plataformas de música en streaming. A partir de xaneiro está prevista a publicación dunha unidade didáctica que recollerá contidos relacionados co coidado da natureza ou a música, que se completarán con visitas dos protagonistas a diferentes centros educativos.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Bibopalula (@bibopalula_gal)

Máis novas

Xabarín

Comentarios