Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG de Bergantiños presenta alternativas á xestión en educación e a sanidade

Voceiros BNG Bergantinos
Voceiros do BNG de Bergantiños
O BNG de Bergantiños presenta alternativas á xestión en educación e a sanidade

Os grupos do BNG de Bergantiños veñen de xuntar forzas e presentar unha batería de alternativas ante o consideran unha “situación desastrosa en áreas da súa exclusiva competencia como son o ensino e a sanidade”. O peche da EII de Comiáns, na Laracha, ou o agrupamento de niveis no CEIP Nétoma-Razo son un exemplos de como a Xunta está a aplicar os recortes.

O BNG critica que a Xunta non asuma as súas “competencias exclusivas tanto na sanidade coma no ensino,” como a labor de desinfección, que están tendo que asumir os Concellos. Lamentan a oportunidade perdida de ter contratado un bo número de persoal, como fixo a Comunidade Valenciana coa contratación de 4.500 docentes, e califican de “ improvisación e inacción” a xestión da Xunta.

“A atención primaria está vivindo unha situación de sobrecarga e saturación”, asegurou o delegado de CIG-Saúde na zona, Xoan Sande, tanto pola falta de profesionais como “porque existe unha insuficiencia clara do que lle chaman rastrexadores. Moita xente que tivo contacto con algunha persoa positiva sabe de que lle falo, porque non os chamou ninguén”.

Critican ademais a falta de transparencia en materia de comunicación covid, sinalando que “a única información que publica o Sergas é o número de contaxios, o número de altas e o número de falecidos no conxunto de Galiza e por áreas sanitarias”.

Novas relacionadas

Comentarios