Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Xunta confirma o peche da EII de Comiáns, na Laracha

A EEI de Comiáns
A EII de Cumiáns, na Laracha, bota o peche
A Xunta confirma o peche da EII de Comiáns, na Laracha

Se ben as familia de Corme gañaron esta batalla, e conseguiron que, por agora, non houbese recortes no centro das Forcadas, outras familias veranse afectadas polos novos recortes en materia de ensino que vén de anunciar a Xunta.

É o caso das 5 familias que tiñan ás súas criaturas escolarizadas na Escola Infantil de Comiáns, da Laracha (a aldea oficialmente é Cumiáns desde hai uns anos, pero moita xente segue dicindo Comiáns, e mesmo o DOG recolle o topónimo con "o", pois o nome oficial do centro educativo segue a ser co "o"). Ao non chegar ao mínimo de 6 matrículas, a Xunta decide botar o peche da infraestrutura.

CEIP Areal de Camarinas
O CEIP Areal de Camariñas sofre unha modificación nas súas unidades

A Xunta anunciou tamén un lixeiro recorte no CEIP Areal de Camariñas. A perda dunha unidade de 6º, polo recorte de 6-7 matrículas, provoca que tamén queden sen un mestre, quedando 15 profesionais (contando cunha Auxiliar de Linguaxe compartida co centro da Ponte do Porto). Agora queda un grupo de 24, que dende o centro verian moi positivo o seu desdobramento.

A nivel galego, a Xunta anunciou que abrirá 158 unidades máis para afrontar as medidas do COVID este curso, o que suporá a contratación de 250 mestres, o que supón un parón á continua política de recortes deste anos. Dende a comunidade escolar valoran as medidas como insuficientes e seguen esixindo protocolos concretos de actuación.

Novas relacionadas

Comentarios