Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros véndese en Francia

O traski Enrique Sampedro na feira de Radonneur co Camino dos Faros
O traski Enrique Sampedro na feira de Radonneur co Camiño dos Faros e a Axencia Travels to Finisterre
O Camiño dos Faros véndese en Francia

Nepal, Nova Guinea, Os Alpes… Eses eran algúns dos destinos principais presentes no Salón de Radonneur, en Lyon, Francia, unha das citas do sendeirismo e o trekking máis importantes de Europa, moi enfocada ao público final.

Ata alí foron, cos seus forros verdes fosforitos, varios trans@s da Asociación Camiño dos Faros, para levar o noso produto estrella do turismo de natureza e sendeirismo na Costa da Morte. Organizaron varias reunións con axencias especializadas, cos medios de comunicación e fixeron contactos con axentes que xa son #traskifriends internacionais, profesionais do sector convertidos en trans@s que venden o Camiño dos Faros nas súas terras, como Fivos Tsarovopoulos, embaixador do Camiño dos Faros en Grecia.

Ademais de aprender moito doutros destinos 100% enfocados ao sendeirismo, repartiron mareas de folletos, mantiveron numerosas reunións e fixeron moitos contactos cos touroperadores franceses, que é un mercado no que está costando entrar, “de xeito que é moi interesante ir onde non coñecen moito o teu destino para ver o resultado real de ir a unha feira internacional”, explícanos un dos transos da expedición.

Alí estiveron tamén Pablo Canosa, das Eiras de Lires e representante da CMAT, e tamén Enrique Sampedro, da axencia oficial do Camiño, Travels to Finisterre, ofrecendo a Costa da Morte como destino de sendeirismo e natureza.

”Creo que foi unha saída moi positiva. Fixemos bastantes contactos e a resposta é boa. O Camiño dos Faros chama a atención”, explica Enrique. “E un mercado que non coñece a nosa zona, que só coñece o Camiño de Santiago. A nivel estatal só Cataluña tiña stand propio, e creo que é positivo estar porque é unha feira enfocada a vender directamente ao público final”.

Comentarios