Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo abre unha pioneira Escola de Hostalería

Carballo abre unha pioneira Escola de Hostalería
sesion-de-hostaleria-no-forum-carballo O Forum Carballo conta cunhas instalacións inmellorables

Canta falta fai. Dicíanolo un dos mellores cocteleiros de España. “A Costa da Morte está totalmente olvidada en formación hostaleira”. Dende aquel esquecido proxecto de “Aldea Madeira, a bisbarra fica orfa na materia, a pesar de seguir enfocando o noso futuro económico ao sector turístico.

Sós os cursos das Accións Formativas para Desempregados (AFD) do Forum Carballo intentan paliar esta grave carencia. Uns cursos que poderán convertirse en breve nunha verdadeira experiencia pioneira. Así o anuncia o Concello de Carballo, que vén de iniciar os trámites para poñer en marcha unha Escola Municipal de Hostalería pioneira en Galicia. De feito, xa está en marcha o procedemento de contratación da xestión do centro, na que primarán o proxecto educativo e o currículo.

Unh ainiciativa que permitirá dar un salto cualitativo á formación hostaleira na bisbarra, formando as primeiras promocións de profesionais da cociña formados cun programa propio e específico, adaptado ás necesidades laborais do sector e financiado exclusivamente con fondos propios.

O Concello de Carballo investirá un total 308.550 euros nos vindeiros tres anos (2017-2019) para formar a tres promocións de profesionais da cociña altamente cualificados e preparados para acceder ao mercado de traballo. A calidade é o eixo de todo o proxecto, comezando polas instalacións do Fórum Carballo, que están entre as mellores de Galicia. E por iso tamén á hora de seleccionar ao equipo xestor do centro terase en conta, sobre todo, o proxecto formativo, tanto no que se refire ao modelo de organización do servizo e do equipo de traballo como ao currículo do profesorado. O prazo de presentación de ofertas aínda está aberto, e parece que vai haber moito nivel entre os mestres.

”O obxectivo é converter a escola de hostalería do Fórum Carballo no centro dun proxecto formativo competente e innovador, que satisfaga as necesidades do tecido empresarial, do demandante de emprego e do ámbito territorial local e comarcal”, recoñecen dende un Forum Carballo que sempre vinculan as accións formativas coa inserción laboral, relacionando os cursos coa Bolsa de Emprego (BDT). Segundo a Estratexia Española de Activación para o Emprego, as ocupacións con mellores perspectivas de emprego están relacionadas cos sectores e actividades que mostran maior dinamismo: turismo, hostalería, lecer e restauración.

Acción formativa de hostalería no Carballo por Etapas Imaxe dunha acción formativa de hostalería no Carballo por Etapas

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios