sábado. 15.03.2025
El tiempo

Carballo acolle un interesante Curso sobre Turismo para universitarios, empresarios e políticos

Carballo acolle un interesante Curso sobre Turismo para universitarios, empresarios e políticos
Curso de Turismo en Carballo da USC

Segue Carballo sendo unha referencia en materia de Cursos e Congresos. E así o demostra acollendo, os vindeiros 2, 3 e 4 de xullo, o IV Curso de Verán "A evolución do Turismo no marco da sociedade global" da Universidade da Coruña. O Forum Carballo acollerá este curso de 3 días que prantexará os “Retos para a súa planificación e xestión”, unha das patas na que tanto fallamos no sector turístico costeiro.

Esperemos que profesionais do sector, políticos, empresarios… se acheguen a aprender, poruqe o problema destas cousas é que moitas veces si que se fala de temas moi importantes, pero os que toman nota non son os que mandan nin os que deberían.

En todo caso, o Curso falará de cousas moi interesantes e con xentes moi interesantes. A importancia da planificación, do transporte (outro tema do que tanto temos falado), a promoción, a innovación, ou a importancia da natureza no sector, serán alicerces das ponencias. De feito, O Camiño dos Faros, o blog Costa da Morte Galicia e as Rutas Fisterra serán protagonistas.

O prazo de matrícula é do 26 de maio ao 26 de xuño, e xa a poden formalizar (30€ para universitarios e 50€ para público en xeral) en www.udc.es/occ.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios