Carballo destina os pisos baleiros a familias en dificultades


O Concello de Carballo convértese no primeiro concello da Costa da Morte que se suma ao Programa de Vivendas Baleiras do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta. Alcalde e Conselleira asinaban o convenio que facilitará o acceso a unha vivenda ás persoas que, por circunstancias económicas, persoais ou familiares, se atopan en situacións de dificultade.
O obxectivo dotar de máis recursos para protexer o dereito constitucional a unha vivenda, tomando medidas que buscan ofertar solucións reais a familias con problemas reais. Así, a proposta creará unha bolsa de vivendas desocupadas se converterán nunha bolsa de vivendas sociais, en base a un alugueiro social. Así, incorpóranse os inmobles de organismos, particulares e empresas que non se atopen habitadas contando, para isto, coa colaboración das Administracións locais. Este convenio fixa un prezo máximo da renda do aluguer –de 300 €–, e a contía virá determinada polas características da propia vivenda e polas circunstancias particulares dos beneficiarios.
Con este acordo, búscase que o alugueiro resulte de interese, tanto para o arrendador como para o arrendatario, así as vivendas que se incorporan a este programa estarán dobremente aseguradas pola Xunta, xa que se financia: un seguro multirrisco do fogar e un seguro de garantía de cobro da renda, con asistencia e defensa xurídica, para dar seguridade e tranquilidade aos arrendatarios.
Para acadar isto, o Concello de Carballo solicitou a súa adhesión a este Programa da Xunta, logo de que o 3 de maio asinaramos coa FEGAMP o convenio para o seu desenvolvemento.
Por agora, son 19 os municipios que forman parte desta proposta en toda Galicia, e 43 os que xa teñen solicitado formalmente a súa adhesión. Esperemos que outros moitos da Costa da Morte se sumen a esta idea.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).