Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Carballo pon en marcha unha pioneira plataforma de Teleformación pública

Carballo pon en marcha unha pioneira plataforma de Teleformación pública
Presentacion da Plataforma de Teleformación www.carballoformacion.org

www.carballoformacion.org. Así se chama a primeira Plataforma de Teleformación de Galicia xestionada por unha entidade municipal. O Concello de Carballo fixo pública o pasado venres a nova ferramenta, que permitirá ofertar cursos tanto a traballadores municipais, como á cidadanía en xeral e ao tecido empresarial carballés na modalidade online, para que cada quen poida aproveitar as accións formativas dende a súa casa ou dende calquera lugar que conte con conexión a Internet.

Estiveron na cita o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira; e o responsable de varias das accións formativas que acollerá a plataforma, Carlos Parada.

Polo de pronto, Xa está dispoñible o primeiro curso titulado "Novas tecnoloxías para o emprendemento". Os interesados e interesadas en inscribirse poden facelo, de forma gratuíta, dende hoxe 7 de marzo e até o venres 14 do mesmo mes, a través de <www.carballoportaaberta.org> no apartado "Tramitar por Internet".
E proximamente ofertarase unha nova acción formativa, neste caso centrada na "Creación dun perfil profesional na web 2.0" e a finais de ano presentaranse dous cursos personalizados de seguridade informática e certificados dixitais destinados ao persoal do Concello e que máis tarde serán adaptados para todos os cidadáns.

Máis información

Fonte

Comentarios