Luns. 16.09.2024
El tiempo

Carballo, senda do mar, a nova marca do Ecoturismo Razo-Baldaio

Carballo, senda do mar, a nova marca do Ecoturismo Razo-Baldaio
Praia de Razo

Xa está en marcha un novo proxecto de dinamización turística a través dos fongos europeos do GAC 3 - Costa da Morte. Desta volta, o Fórum Carballo acollía a presentación do Plan de Dinamización Ecoturismo Razo-Baldaio que persegue a creación dun destino turístico global na costa carballesa.

Unha idea que nace co obxectivo de coordinar a colaboración público-privada e construír un destino turístico global para "conseguir que a costa carballesa forme tamén parte da vida da vila" e desenvolver un produto baixo o epígrafe "Carballo, senda do mar". Así o explicaron Eugenia Juncal e a pontecesá Cristina García, de Valora Consultores, buscando aproveitar os recursos existentes na costa carballesa, impulsar a calidade do sector hostaleiro.

Un dos puntos de interese é a posta en valor do espazo natural de Razo-Baldaio desde o punto de vista da sustentabilidade.

Presentacion do Plan de Dinamizacion Razo-Baldaio

Códigos QR e formación hostaleira

Entre as accións, destaca a creación e sinalización de rutas na zona costeira empregando códigos QR, con material audiovisual.

Máis importante se cabe serán as accións formativas dirixidas ao sector turístico co obxectivo, non só de mellorar a calidade do servizo hostaleiro, senón tamén de que se coñeza a fondo o espazo natural de Razo-Baldaio, algo, en verbas de Cristina García, "imprescindible" para poder promocionalo despois.

O Concello convida a todos os hostaleiros, empresas turísticas e emprendedores que o desexen a participar neste proxecto e a asistir aos talleres, que se impartirán de balde no Fórum Carballo entre o venres 19 de setembro e o venres 17 de outubro ás 17.00 horas de luns a venres.
Polo de pronto, xa poden ollar os Talleres para hostaleiros do Plan de Dinamización de Ecoturismo Razo-Baldaio.

Novas relacionadas

Comentarios