venres. 20.02.2026
El tiempo

Cee, Baíñas e as Malpicas as protagonistas do Enterro do Entroido

Entroido-en-Bainas-2026
Cee, Baíñas e as Malpicas as protagonistas do Enterro do Entroido

Son moitas as citas desta fin de semana na Costa da Morte para pechar o Entroido.

Concurso en Cee

A partir das 16:30h, Cee encherase de disfraces co Gran Desfile de Comparsas que percorrerán as rúas e logo se realizará o concurso con 5.600 € en premios para as mellores comparsas. Ata 10 comparsas participarán no concurso ceense.

Concurso en Baíñas

Despois toca Entroido en Baiñas coorganizado coa Comisión de Festas de Baiñas que se encargarán de organizar unha gran laconada e filloas e a actuación musical de Disco CDC e DJ Chicho. En Baiñas a xornada comezará ás 20:30 horas coa concentración no Outeiro e a continuación pasarrúas.
Ás 21:30 horas no pavillón dará comezo o tradicional Concurso de Disfraces e Comparsas, unha das citas máis agardadas da tarde, que premiará a creatividade, a posta en escena e o espírito entroidesco.

Participarán varias das que tamén estarán en Cee, neste caso: "A Fábrica da Lus" (da Trubisquiña de Vimianzo), "Esta cara me suena" (Negreira Viva), Fíos de Salitre (A.C. Cansorriño de Camariñas), Latexo Galego (AC Mocatriz de Vimianzo), Molin Rouge 1889 (D Jarana de Muros), Titiriteiros e Peliqueiros (Laracha), "Naipes dos da Charca" (Fisterra), 

Ás 23:00 horas celebrarase a sesión de baile tamén a cargo de Pablo Reboleiro e Marta Alonso, e ás 23:30 horas terá lugar a entrega de premios a cargo da alcaldesa, Mónica Rodríguez, e dos concelleiros e concelleiras.
Pechará a festas Disco CDC e DJ Chicho.

A Mikaela

Mikaela de Buno 2026

A Mikaela de Buño arrinca praza de Santa Xusta coa sesión vermú dende as 13:00h. Xa ás 16:00h arrinca o via Crucis de bares  dende Cantalarana, pasando polo Crurce de Xornes, e ás 18:30 fará parada na Prazoleta. Ás 19:30h será a misa cantada por Lito da Panorama e o Padre Ray, no parque Luciano García Alén, e ás 20:00h a Queima da Mikaela no aparcadoiro de Casa Elías.

A partir das 21:00h, a festa máis salvaxe da mocidade da comarca de Bergantiños. será por primeira vez con entrada 

Outras citas malpicás

Precisamente en Cerqueda, Malpica, a cita dominical cos Mamaditos e Ghuadineros é unha das máis auténticas do entroido bergantiñán. Farán o percorrido pola parroquia dende as 11:00h, rematando a golpe de cocido.

Mentres, en Malpica, e xa a partir das 17:30h, o singular Enterro do Faustino.

Comentarios