Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Chegou o momento

Chegou o momento

Chegou o momento de que os feitos substitúan ás palabras e as promesas electorais se convertan en realidade. Chegou o momento de implementar políticas de gasto compatibles coa solvencia fiscal. Chegou o momento de maximizar prudencia impositiva para decidir en que gastar. Chegou o momento de elaborar o novo presuposto. En definitiva, chegou o momento de planificar e gobernar.

Porque 2016 xa está aí, e non se pode esgrimir o pretexto da “herdanza recibida” nin utilizar subterfuxios como o de “carecer de persoal“, para vulnerar a obrigación legal de aprobar o presuposto en prazo. Porque, os cidadáns están cada vez mellor informados e censuran aos que viven ancorados na queixa irresponsable e na absurda xustificación.

Segundo os datos publicados na web do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, os concellos de Carnota, Cee, Malpica, Muxía e Vimianzo non aprobaron orzamento para o exercicio 2015. Carballo, Corcubión, Coristanco, Fisterra, Laxe, Muros, Ponteceso e Santa Comba, aprobárono pero fóra de prazo. En consecuencia, Cabana, Camariñas, Dumbría, Mazaricos e Zas (cinco de dezaoito municipios), foron os únicos que respectaron a legalidade.

Co fin de evitar que esta penosa situación se repita, os dirixentes municipais deben traballar de inmediato, para que o orzamento poida entrar en vigor ao comezo do exercicio. Porque, en caso contrario, non se disporá dunha ferramenta básica –diría imprescindible–, para unha adecuada xestión municipal.

Confiemos, pois, en que o orzamento do exercicio 2016 se consiga aprobar como “Deus manda“, antes do 31 de decembro de 2015, para comezar o ano “con bo pé”.

  • Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
(nbsp;

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

Comentarios