Luns. 14.10.2024
El tiempo

A CMAT invita un grupo de bloggers para dar a coñecer a Costa como destino familiar

Bloggers na XCosta da Morte
A CMAT invita un grupo de bloggers para dar a coñecer a Costa como destino familiar

A nova campaña de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) chámase “Costa Da Morte Familiar”. Unha campaña enfocada ás familias galegas para facerlle chegar a nosa diversidade patrimonial, natural e cultural.

Así, catro familias galegas formadas por bloggers especializadas en viaxes familiares percorrerán os diferentes concellos que conforman Costa da Morte durante catro fins de semana. Os lugares e as actividades que coñecerán están pensadas para familias con nenas e nenos, así coma establecementos con servizos ideais para este segmento de público, priorizando aqueles adheridos á CMAT a través da entidade APTCM.

Aqueles establecementos turísticos da Costa da Morte interesados en participar neste tipo de actividades, e se aínda non son socios da CMAT, pódense por en contacto ca entidade a través do formulario de contacto da web: www.visitacostadamorte.com

Os bloggers

A Campaña Costa da Morte Familiar estará liderada por Eva Abal e Dani Keral, dous bloggers de viaxes profesionais afincados en Galicia con blogs – Un Viaje Creativo e Una idea, un viaje – referentes dentro da blogosfera española. Ademais gozan dunha ampla experiencia organizando campañas de difusión turística e de comunicación como Gijón Eje de Asturias, Polinesia Francesa: más que Bora Bora ou Cambia o Mood: activa o modo bosque e TalentiaSummit20.

A primeira familia blogueira é Escapalandia, un blog cunha gran comunidade de seguidores conformada por familias que creceron cos seus fillos, con mais de 100.000 visitas mensuais, con 3.147 seguidores en Instagram, 3.131 en Twitter e 16.981 en Facebook. Escapalandia estará este fin de semana en Mazaricos, Vimianzo, Carnota, Dumbría e Cee e retransmitirán toda a súa escapada nas redes sociais de Escapalandia (@escapalandia), Visita Costa Da Morte (@visitacostadamorte), Dani Keral (@danikeral) e Eva Abal (@unaideaunviaje).

Comentarios