O CMAT propón tres cursos de formación para desempregados para mellorar a calidade do sector turístico

O ente da patronal do sector aproveita a axuda da Drputación para lanzar un programa que “servirá para que as empresas turísticas do xeodestino melloren o seu posicionamento e as competencias dos seus profesionais”, como destaca a súa presidenta Mónica Rodríguez.
Os cursos, destinados a formar desempregados dos 17 concellos do xeofestino, en materias de cociña, restauración e aloxamentos realizaranse dende o mes de febreiro.
A primeira fase, que será de 105 horas e terá continuidade ao longo do ano, inclúe tres cursosm, con 20 prazas para cada especialidade:
- Axudante de cociña.
- Servizo de bar e restaurante.
- Técnicas de procedementos de limpeza en aloxamentos turísticos.
O programa nace da análise das necesidades do “ecosistema turístico”, e a entidade considera que a formación a máis singular. “Tivemos constancia de que faltaba persoal cualificado como axudantes de cociña ou no servizo de hostelería e de aloxamentos turísticos”, indica Mónica Rodríguez, quen sinala que “así cubrimos o oco que faltaba na formación dos nosos futuros traballadores ao tempo que incentivamos a contratación de persoal da Costa da Morte”.
A empresa en Acerta Formación, con sede en Cee e especializada no sector turístico, é a encargada de poñer en práctica o proxecto formativo. Os cursos presenciais desenvolveranse no Fórum de Carballo. Tamén colaborará o Hotel Mar de Laxe, con sede na capital laxense e empresa socia da CMAT, onde se programará a parte práctica dos cursos.
Inscricións
Para inscribirse, os interesados poden contactar con Acerta Formación no teléfono 981.106.060 ou no email acertaformacion@gmail.com.